Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PSOE cabanés pregunta polo macropolígono e polas dedicacións de dous edís populares

Juan Varela Martinez PSOE Cabana
Juan Varela Martínez é o representante do PSOE Cabana
O PSOE cabanés pregunta polo macropolígono e polas dedicacións de dous edís populares

Lanza o PSOE cabanés unha serie de acusacións ao alcalde popular José Muíño. Os socialistas, en voz do seu representante del PSdG-PSOE,  Juan Ramón Varela Martínez, pregúntalle pola “promesa do Macropolígono industrial”, prometido hai 2 anos, ao tempo que piden explicacións polo “pleno onde se puxo un salario de 44.800 € ó ano e 28.000 € para as dedicacións de Carlos Allo e Perfecto Cabanela… Iso tamén pasou no 2007”, recorda.

Faino tamén co gallo dunhas declaracións na que o alcalde “presumía” do ximnasio municipal inaugurado no ano 2007. “Os socialistas pregúntanse da razón desta promoción, cantos veciños e veciñas da vila son usuarios do centro”.

”En 15 anos a poboación pasou de máis de 5.000 habitantes a tan so 4.185, mentres que o paro, con 900 habitantes menos no censo, case é o mesmo”. “Onde está o traballo do Concello para mellorar o emprego?”, cuestionan.

Así, lémbranlle a Muíño unha entrevista na que dicía “os alcaldes deberíamos ter limitados os mandatos… Eu non quero estar nesto vinte anos, porque hai que renovarse e debe entrar savia nova”. “Non hai problema. Sempre estará o ximnasio municipal para descargar enerxía negativa”, engaden dende o PSOE con ironía.

Comentarios