A rapazada de Cabana tamén aprende surf na escola

14:23 03/05/21
Tralo seu paso por Laracha, Camariñas ou Malpica, o proxecto 'Aprende a través do surfing' chegou ata os centros de Cabana. A rapazada dos CPI As Revoltas de Cabana e da Escola Unitaria de Neaño do CRA Nosa Señora do Faro disfrutaron desta actividade ao aire libre gracias á Federación Española de Surfing e a entidade Surf And Clean.
Achegáronse ata a praia de Soesto, en Laxe, debido ás malas condicións do mar na praia cabanesa de Rebordelo, pero disfrutaron ao máximo do areal e a súa natureza, e fixeron as súas primeiras ondas. Todo, desenvolto en horario escolar, adaptando o programa lectivo á nosa realidade.
Novas relacionadas
- O surf tamén chega ás aulas de Caión e Paisaco.
- O alumnado de Camariñas aprendeu surf na escola.
- Marzo 2021: O mar chega as aulas dos coles de Malpica a través do surf.
- 2021: Os centros de ensino de Camariñas volven navegar .
- 2019: O pioneiro Mar na Escola 18/19 botou o peche despois de achegar a vela a case 500 alumn@s da Costa da Morte.