Recunchos da Costa: Praia Area das Vacas

10:00 16/07/11

Bañada polas recollidas augas da ría de Corme e Laxe, a pequena, e familiar, praia de Area das Vacas amósase coma un dos recunchos máis agradables da zona. O natural areal, situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños, e chámase así porque no pasado o gando vacún pacía mesmo ata as beiras da area.