O renovado albergue de Cabana acollerá un campamento de verán e varias actividades deportivas

A Xunta abría onte o prazo para a solicitude das 1.652 prazas dispoñibles na provincia da Coruña para participar nos 10 campamentos, para as mozas e mozos de entre 9 e 17 anos, da campaña de verán para este 2021. Este ano a gran novidade é a presencia do albergue de Cabana, recén renovado e que se estreará en xuño.
Un albergue, situado nas antigas casas dos mestres, que leva anos inutilizado, e que agora poderá acoller 40 prazas coa idea de promover o deporte, a cultura e a gastronomía local.
A empresa concesionaria do espazo, Alalá Terras e Sons, realizou unha inversión de 70.000 euros coa que renovar as habitacións, o mobiliario e crear novas estancias.
Ademais do campamento da Xunta a empresa ten previsto desenvolver varias actividades deportivas sobre ioga, kayak ou pádel.
Na comarca hai outro campamento de verán proigramado. Trátase da proposta “Un país para pintores e poetas Isidro Parga Pondal, ciencia e cultura”, desenvolto na Aldea do Couto.
Poden inscribirse cubrindo este formulario online.
Campamentos de Voluntarios
Paralelamente a Xunta artella dous campamentos de voluntariado en Bergantiños:
- A Laracha: Castro de Montes Claros (Medioambiental e arqueolóxico).
- Ponteceso, Ali, Xaz (Medioambiental e etnográfico).