Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha delegación da Xunta visitou Cabana

Unha delegación da Xunta visitou Cabana
Na xornada de onte, xoves 28 de xullo de 2011, a delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, María Belén Docampo, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, realizaron unha visita oficial ás obras desenvolvidas durante estes días polo grupo de voluntariado que participa no Campo de Traballo Rego dos Muíños. Docampo e Rodeiro estiveron acompañados do alcalde de Cabana, José Muíño, e os directores da Escola Taller e do Campo de Traballo, que son respectivamente Javier Bello e Carlos Conde. Os representantes cabaneses agardaron a visita na Casa do Concello. Chegados alí Docampo e Rodeiro, asinaron no libro de honra municipal. Despois, a comitiva desprazouse ata o Rego dos Muíños, onde viron de primeira man as obras de recuperación de tres muíños de regato. Con posterioridade, Ovidio Rodeiro, xunto coas autoridades locais desprazáronse ó albergue do Pendón para visitar o estado das obras de rehabilitación dos tres modulos do edificio. Neste albergue hospédanse os monitores e voluntarios do campo de traballo.

Novas relacionadas

Fonte
  • Nota de prensa do Concello de Cabana, da man de Xosé Manuel Varela.

Comentarios