Senda Nova lévanos un ano máis de ruta por Primavera

Chega unha nova Primavera en Ruta ca activa asociación ambientalista Senda Nova. Sofán acolleu a presentación dunha edición máis do programa de roteiros de sendeirismo máis importante da asociación bergantiñá. Así, cada domingo de abril e maio teremos 8 interesantes rutas para disfrutar do patrimonio e da natureza da comarca, descubrindo recunchos de Carballo, Coristanco, Cabana, Malpica, Laracha, Zas, e mesmo Trazo.

Todo a base duns roteiros deseñados con moito mimo, cuns obxectivos que xa levan 10 anos activos para seguir poñendo en valor o patrimonio cultural, ambiental e paisaxístico.

I é que a primavera invita a camiñar, mais o carácter deportivo non é mais que a mellor ferramenta para o coñecemento e o aprendizase a través de paradas cheas de contido. A través de aportación de xente das aldeas, asociacións das parroquias e persoeiros camiñantes. A través do esforzo de voluntarios e voluntarias de Senda Nova e de Protección Civil de Carballo, de colaboracións dos concellos.

6ª Primavera en Ruta

  • Domingo 12 de abril: TERRAS ALTAS DE SONEIRA (Zas): 19 km, dúas variantes, apta para cadeiras de rodas. Saídas dende Concello da Laracha (9:00h), Concello de Coristanco (9:30h) e do Local social de Senda Nova (9:15h).
  • Domingo 19 abril: O SON DO ANLLÓNS (Bergantiños): 21 km. Saídas dende Concello da Laracha (9:00h), Concello de Coristanco (9:00h) e do Local social de Senda Nova (9:15h).
  • Domingo 26 abril: CORISTANCO HISTÓRICO (Coristanco): 21 km. Saídas dende Concello da Laracha (9:00h), Concello de Coristanco (9:30h) e do Local social de Senda Nova (9:15h).
  • Domingo 3 maio: CAMIÑOS DE CAIÓN (A Laracha). 15 km. Saídas dende Concello da Laracha (9:00h), Concello de Coristanco (9:30h) e do Local social de Senda Nova (9:15h).
  • Domingo 10 maio: A FORZA DO RÍO CHONIA (Trazo). 22 km. Saídas dende Concello da Laracha (9:00h), Concello de Coristanco (9:00h) e do Local social de Senda Nova (9:15h).
  • Domingo 17 maio: COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE (Malpica). 17 km. Saídas dende Concello da Laracha (9:00h), Concello de Coristanco (9:00h) e do Local social de Senda Nova (9:15h).
  • Domingo 24 maio: RÍOS DE SOFÁN (Carballo). 21 km. Saídas dende Concello da Laracha (9:00h), Concello de Coristanco (9:00h) e do Local social de Senda Nova (9:15h).
  • Domingo 31 maio: RUTA DAS MÁMOAS (Cabana). 16 km. Saídas dende Concello da Laracha (9:00h), Concello de Coristanco (9:30h) e do Local social de Senda Nova (9:15h).
  • Inscricións

    Cómpre ter en conta que todos os roteiros son de xornada completa, e a asociación invita a un bocata, ademais de encargarse do transporte.

    Poden inscribirse ata 2 días antes de cada roteiro na Base de Protección Civil de Carballo (Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar; de luns a venres de 9:30 a 13:30h); ou no Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha (de luns a venres de 9:30 a 13:30h); no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Coristanco (de luns a venres de 9:30 a 13.30h) ou no Local social de Senda Nova (Rúa Venezuela 4 Carballo de mércores, xoves e venres de 17 a 20h). O prezo é de 6€ para maiores e 3 para menores de idade.

    Novas relacionadas

    Fonte