Luns. 29.04.2024
El tiempo

Aprendendo ecoloxía dende o berce

Aprendendo ecoloxía dende o berce
Peques de Senda nova preparando o invernadoiro Peques de Senda Nova armando os semilleros con botellas

Fermoso parécenos o proxecto “Proxectando Utopías”. Unha idea baseada na ecoloxía para chegarmos ao Xérmolo da Asociación Ambiental Senda Nova, que por terceiro ano consecutivo ven levando a cabo un obradoiro ambiental para 25 nenos e nenas chamado “Sendas Carballo”. Este Obradoiro lévase a cabo todos os fines de semana ao longo do curso escolar, dende novembro ata Xuño, e paralelo a moitas outras actividades. Este obradoiro ten como obxectivos principais achegar aos máis pequenos ao patrimonio cultural e ecolóxico do Concello de Carballo e os seus arredores, así como á natureza e á tradición da nosa terra.

De agricultura ecolóxica

Entre os moitos obxectivos perseguidos e as numerosas actividades realizadas, atópanse tamén as actividades relacionadas coa agricultura ecolóxica e tradicional.

Os nenos e as nenas do II Obradoiro Ambiental Sendas Carballo do pasado ano 2013-2014, foron os primeiros en comezar a plantar semente ecolóxica. Durante todo o ano foron aprendendo a traballar a terra de forma tradicional, como facían os seus avós e a mellor maneira de coidar e protexer os seus cultivos de forma ecolóxica e natural.
Despois de un longo ano cheo de aprendizaxe, chegou o momento da recolleita. A maioría dos cultivos recollidos, utilizáronse para sacar máis semente ecolóxica, para que na tempada seguinte puideran seguir facendo semilleiros e seguir plantando os seus cultivos de forma natural.

Así que neste novo curso xa comezaron a preparar as súas sementes ecolóxicas, as súas ferramentas, a súa roupa de traballo e a informarse e aprender sobre como facelo da mellor maneira posible. Este ano por primeira vez, comezaron a facer semilleiros con semente ecolóxica propia, a semente ecolóxica que sacaron dos seus cultivos do ano anterior, cultivos que coidaron con moito esforzo e agarimo. E tamén por primeira vez, farán durante todo o ano un seguimento e un control sobre os seus cultivos. Son os propios nenos, algúns deles veciños da zona, os encargados de coidar durante toda a semana as súas sementes, comprobar como avanzan, regalas etc.

Ademais, para rematar o ciclo, aprenderán que cos seus cultivos poden elaborar certos produtos e manipulalos eles mesmo (cociñar, facer conservas, marmeladas etc) E Incluso vendelos (os cultivos e os produtos xa elaborados) nos mercados e feiras tradicionais de Bergantiños.

Unha iniciativa, esta de proxectar utopías, imposible sen levar adiante de non ser por esas fantásticas voluntarias de Senda Nova, ademais da implicación de familias enteiras.

Obradoiro de agricultura ecoloxica para peques con Senda Nova

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios