Luns. 29.04.2024
El tiempo

Andar como menciña natural

Andar como menciña natural
Senda Nova nas Fervedas de Carballo

Xa temos visitado a Ruta das Férvedas nos Recunchos da Costa, pero é que estes lugares están vivos. E así o comprobaban os membros de Senda Nova, que este pasado domingo desafiaban ao tempo, chuvasqueiros postos, para ver como estaban as fervenzas carballesas.

I é que os bravos de Senda Nova réndese ao deus “Brétema”, para valorar a importancia de saír e andar, disfrutar da natureza, da paisaxe, do vento, do orballo… Desta volta tocaba as parroquias de Oza, Razo e Cambre, co apoio dos concellos de Carballo, Coristanco e Laracha, e de Protección Civil de Carballo. Familias enteiras aló saíron, a mollar a alma de beleza natural, a facer das camiñadas unha das mellores menciñas naturais.

Andando polos bosques de Bergantinos con Senda Nova

As follas que recollen os nenos e nenas do obradoiro seguen caendo nas corredoiras. As setas que nos interpreta Carmen seguirán a sair en cada leira polas que pasamos. Os cans de Bergantiños xa non ladrarán a grandes grupos de camiñantes e abrigaranse nos pallotes do inverno que entra. As corredoiras quedarán mudas de xente e a lama convertirase de novo en virxe. Nós recopilamos historias, vivenzas e lendas para contar a carón dun lume disposto para testigo sen palabra. Temos moitísimo que contar e moito máis que agradecer. Así nos conta José a experiencia.

Bosques laranxas amenizaban o paseo ata chegar ao cumio, a Férveda de San Paio en todo o seu explendor. Poucas veces poderemos ver as caidas de auga de Rus e Entrecruces nun día coma o do pasado domingo e foi, depois dunha noite inundada e dunha boa mañan pasada por auga e lama, valoran. O ensordecedor son do salto do río Outón fixo vibrar aos camiñantes.

Asi estaban as Fervedas de San Paio de Carballo

Última ruta

O vindeiro domingo despedirán o programa III Outono en Marcha coas “Pegadas do Wolframio”, nun roteiro cunhas das vistas máis espectaculares onde nos achegaremos á cultura do wolframio e á mellor balconada de Bergantiños: Monteneme.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios