“Traba forma parte de min”


”Didáctica”, esa é a palabra que se buscou na III xornada por parte de Senda Nova na conmemoración do día dos Humedais, porque senón coñeces algo dificilmente o podes apreciar, e desta volta e por partida doble, durante dous días a entidade bergantiñá intentou achegar a importancia ecolóxica e cultural da Lagoa de Traba.
Case setenta participantes viaxaron ao corazón da Costa da Morte para empaparse en coñecemento coa premisa clara do básico que é para o respecto do entorno.
3 figuras para falar na aula
A xornada do sábado foi un día de aula, a que se achegaron a pesar do mal tempo ata o local social de Traba, prestado polo Concello de Laxe para esta ocasión 50 persoas para escoitar os tres poñentes: Anxo Álvarez deu as súas impresións acerca da lagoa dende o punto de vista da veciñanza da zona. David Allo, un máis deses eternos colaboradores desinteresados da asociación, e que tamén xogaba na casa, falou explicou a importancia ecolóxica da lagoa, como se estima que se formou 4000 e 6000 anos segundo estudios publicados e parándose sobre todo nos diferentes hábitats que alberga e na flora na que destacou a presencia da orquídea Spiranthes aestivalis e da planta de turbeira Myrica gale.
Antes, a xornada arrincaba cunha completa introdución en fotos elaborada por MarÍa José Mato, técnica de turismo do concello e valiosa e entusiasta coñecedora do territorio.
Para o final desta tarde de sábado o postre máis doce que se pode atopar falando da natureza, dos humidais e da Costa da Morte, José Luis Rabuñal, que deleitou os asistentes coa súa humildade habitual reflexionando acerca da natureza e expoñendo exemplos de migracións de aves e de aves que aparecen pola nosa costa perdidas e que son tráidas polas borrascas desde o outro lado do atlántico e que él mesmo detéctou, como é o caso da Setofaga coronata ou o Charadrius semipalmatus ou chorlitejo semipalmeado, moito se lle debe a este enamorado da natureza que ten a capacidade de deixar abraiado a calquera coa súa humildade e a súa didáctica e que é un excelente valorizador da Lagoa de Traba e do estuario do río Anllóns.
”Traba forma parte de min”, unha frase para a lembranza do reputado ornitólogo.
Un domingo de campo


Para rematar, o domingo tocou roteiro polos arredores da Lagoa e acompañados polas explicacións amables de Evaristo e da técnico de turismo do Concello de Laxe, María derón de maneira maxistral sobre a contorna. Ademáis os nenos do obradoiro da natureza que ten senda nova e o resto dos asistentes poideron familiarizarse cos instrumentos de observación e ver algúnha ave na lagoa, tamén se observou durante o percorrido algún narciso, a herba namoradeira e se pasou polo famoso figueiral de Pondal xa en mordomo.
É impresionante ver coma unha vez máis a colaboración duns poucos de maneira altruísta e as gañas de participar de outros consegue espertar a sensibilidade e a valorización ambiental da zona.
De dragado e concentración parcelaria
O dragado da “ría” (como así sempre se chamou), dun xeito exquisitamente coidadoso parece ser unha valoración recollida por moitas persoas, entre elas moitos dos participantes das xornadas. Dese xeito, invertiríase a situación de colmatación das últimas décadas. Deixar evolucionar de xeito natural (aínda que con anterioridade si intervido) o ciclo da lagoa parece tamén ser unha opción que convertiría a lagoa nun simple humidal.
Actuacións de futuro aparte, todos parecen coincidir que un dos factores da súa regresión estivo na concentración parcelaria de fai anos. Parece que o reparto das terras non foi do máis axeitado e a actuación nos cauces fluviais puido levar ao arrastre de maior material erosionado, depositandoo no interior da ría.

Novas relacionadas
- Recunchos da Costa: A Lagoa de Traba.
- Escoitando aos avós á calor da lareira.
- Andar como menciña natural.
- Senda Nova achegará a Bergantiños a mozos europeos co Proxecto XEM.
- Senda Nova segue creando canteira de compromiso.