Luns. 29.04.2024
El tiempo

Maiores e pequenos manteñen vivas as Historias de Inverno

Maiores e pequenos manteñen vivas as Historias de Inverno
Os maiores de Entrecruces recuperando as Historias de Inverno

Fermosas as actividades da xente de Senda Nova. Esta pasada fin de semana armaron un par de sesións nas que foron protagonistas os pequenos por un lado, e os maiores polo outro.

O pasado xoves tocaba sensibilización, e por iso tocaba visitar un cole da zona para traballar no respecto dos máis pequenos co bosque da Ribeira da Pena, uns dos mellores conservados da Costa da Morte. Un xeito de levar aos cativos por unha bonita viaxe a través das fotografías do rincón verde dos concellos de Cerceda, Tordoia e Carballo.

Os Peques de Senda Nova coas fotos naturais

Entrecruces colle o relevo das Historias de Inverno

Xa durante a fin de semana, a cita cambiaba de protagonistas, e no canto dos pequenos, eran os maiores os que tomaron a palabra. O lugar do Cótaro, na parroquia carballesa de Entrecruces recibíu con pequenas folerpas de neve as Historias de Inverno de Senda Nova. Así que voltamos a poñernos á calor da lareira de Isaura para escoitar aos nosos avós. A primeira vez que unha casa particular serve de escenario para unha sesión de lendas.

As 26 persoas asistentes contaban, rían, escoitaban… recordando vellas lembranzas. Ao final da conversa, un avituallamento tamén acorde co antroido que chega, para pechar unha cadea perfeta en torno a inverno: Historias, maiores, nenos, neve, frío, lareira... na que tiveron cabida tamén todas esas lendas relativas ao castro de Ouxas, e as non tan lendas, referidas á rivalidade (máis antiga que actual) entre as dúas partes da parroquia: A Alta e a Baixa.

Contando Historias de Inverno con Senda Nova

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios