Luns. 06.05.2024
El tiempo

O traballo das mariscadoras: o verdadeiro valor do berberecho do Anllóns

mariscadoras do Anllons en Cabana 4
O traballo das mariscadoras: o verdadeiro valor do berberecho do Anllóns

Falamos moitos do traballo d@s percebeir@s. E abofé que o merece. Menos se fala do traballo das mariscadoras, e cómpre fixar a atención. Cazámolas un día de comezos do mes de xullo diante da praia do Pendón, coa mar calma e temperatura agradable. Unhas de xeonllos na area, rasqueta na man, e outras con medio corpo sumerxido na conxelada auga que mestura o sabor doce do Anllóns e o salgado do Atlántico. Pensamos como pode ser unha xornada de traballo (de 4-5 horas) un día de febreiro coa mar algo máis movida…

Son a día de hoxe 20 traballadoras, todas procedentes da zona (Ponteceso, Cabana, Corme…) e pronto serán 5 máis. Cada día apañan, entre case a ponte de Ponteceso e a bocana da ría, un tope de 25kg cada unha, que, ben van para a depuradora cabanesa ou ben para Cambados. “É unha zona tremendamente rica”, destacan.

mariscadoras do Anllons en Cabana 2

mariscadoras do Anllons en Cabana

Soben e baixan da embarcación acompañadas por un dos 6 homes que forma parte da agrupación.

Todas estas condicións, son ese tipo de cousas que cómpre ter nas nosas cabezas cando imos escoller entre uns berberechos e outros no súper ou na peixería.

Comentarios