Martes. 16.04.2024
El tiempo

Últimos días para inscribirse nos campamentos de verán da Xunta

PP en Cabana
Últimos días para inscribirse nos campamentos de verán da Xunta

Visitou esta semana o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, o albergue de Cabana de Bergantiños, un dos que acollerá de novo un campamento de verán dentro da programación da Campaña de Verán da Xunta de Galicia. Este campamento ofertará ao longo do verán 40 prazas baixo o lema Aventuras na praia e natureza.

Trenor indicou que o Goberno galego está a ultimar os preparativos necesarios para que a mocidade desfrute do verán e lembrou que o prazo para solicitar os campamentos remata o 2 de maio.

Trenor informou que no caso da provincia da Coruña a oferta de prazas é de 3.479, no caso dos campamentos nos concellos de Sada, Bergondo, Melide, Porto do Son, Boiro, Vilsantar, Sobrado dos Monxes, Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Santiago. Os campos de voluntariado están previstos en Boiro, Serra de Outes, Mesía, Vedra- Boqueixón, A Laracha, Rois, Ribeira, Coirós, Vilasantar, As Pontes, Boimorto, Ponteceso e Santa Comba.

Comentarios