Luns. 16.09.2019
El tiempo

Un simposio e dous congresos completan o programa de actividades do Dolmen de Dombate

Un simposio e dous congresos completan o programa de actividades do Dolmen de Dombate
Mañá venres reanúdase o servizo de atención aos visitantes e de visitas guiadas Mañá venres reanúdase o servizo de atención aos visitantes e de visitas guiadas Despois da incertidume dos últimos días sobre a continuidade do proxecto do Dolmen de Dombate, o concello de Cabana vén de anEunciar as principais actividades que se desenvolverán aquí ao longo do 2016 tralo acordo para a renovación do convenio de colaboración coa Deputación da Coruña. Como novidade, no presente ano inclúense tres actividades dirixidas a distintos públicos: un congreso de literatura que terá lugar no mes de marzo; un simposio de cantería sen ferramentas elécticas que se desenvolverá en xullo e un congreso sobre o megalitisimo que está previsto que se realice no mes de setembro. Ademais destas actividades, o dolmen de Dombate acollerá outras actividades de grande éxito en anos anteriores. Así, mañá venres reanudarase o servizo de visitas guiadas e atención aos visitantes que terá os seguintes horarios:
  • Durante a tempada baixa (que inclúe os meses de xaneiro, febrerio, outubro, novembro e decembro) centraráse na atención a visitantes nas fins de semana e os venres estarán reservados para que sexan os alumnos e alumnas procedentes dos colexios os que desfruten deste servizo. Así os venres, sábados e domingos os horarios serán de 10:30 horas a 14 horas e de 16 a 18: 30 horas.
  • Tempada de excursións de primavera. Do 1 ao 18 de marzo o horario é de 10:30 a 14 horas e de 16 a 18:30 horas. Do 31 de marzo ao 21 de xuño o horario é de 11 a 14 horas e de 16 a 2o horas, ampliándose así as horas de visita guiada.
  • Tempada alta (semana santa, xullo, agosto e setembro): O servizo de visitas guiadas amplíase de luns a domingo en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Todos os venres de xullo e agosto ofrecerase o servizo de visitas guiadas nocturas de 23 a 24 horas.
 

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios