Unha nogueira de Sísamo e as Camelias de Corcoesto, propostas para entrar no Catálogo de Árbores Senlleiras
Hai pouco comprobamos que o Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia só ten un exemplar costeiro. Unha marca ben cativa que pode ser modificada en breve. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta está sometendo a información pública a inclusión de tres novos exemplares, entre eles dous da bisbarra./p>
Ademais do teixo lucense de Santa Leocadia, unha nogueira en Sísamo en Carballo e unha camelia en San Pedro de Corcoesto, no Concello de Cabana (esta a petición do Petón do Lobo), poderían ser novos inquilinos deste Catálogo .
Os Camelios da Igrexa Parroquial de CorcoestoAgora ábrese un período de consulta, e as persoas interesada en consultar a información sobre esta solicitude de inclusión pode facelo na Consellería de Medio Ambiente, nas xefaturas territoriais ou na páxina web, durante un período de 20 días.
Máis información
Novas relacionadas
- Un carballo de Carballo, o único exemplar costeiro no Catálogo galego de Árbores Senlleiras.
- Propoñen os camelios centenarios da Igrexa de Corcoesto para o Catálogo de Árbores Senlleiras.
- A ciprés morto, carballo reposto
- 2015: Carballo repobla as súas zonas verdes no día da Árbore.
- 2013: De libros e árbores no cole dos Muíños.
- 2012: O Concello de Laxe celebra de novo o Día da Árbore.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fonte