Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Uns 2400 escolares visitan o dolmen de Dombate durante a primavera

Uns 2400 escolares visitan o dolmen de Dombate durante a primavera
O centro arquoloxico de Dombate recibiu esta primavera a vistia de 44 centros educativos O centro arquoloxico de Dombate recibiu esta primavera a vistia de 44 centros educativos Foron un total de 44 grupos de distintos puntos da comunidade galega os que durante a pasada primavera se achegaron ata Borneiro para coñecer dous dos seus xacementos máis importantes: o dolmen de Dombate e o castro A Cidá. Concretamente,  o centro arqueolóxico do dolmen de Dombate recibiu a visita duns 2400 alumnos e alumnas e ainda espera a chegada dun grupo de 115 persoas para o mércores 29 de xuño. Todos eles realizaron a súa pertinente visita guiada grazas ao servizo de atención a visitantes que dispón o dolmen. A maior parte dos visitantes coneceron tamen o castro A Cida A maior parte dos visitantes coneceron tamen o castro A Cidá En Dombate puideron visitar o centro de interpretación coa réplica, visionar un documental sobre os dolmes da Costa da Morte ou de debuxos sobre a prehistoria, segundo as idades, visitar o dolmen orixinal, a exposición de escultura "Vento de Pedra" e ata recitar entre todos o poema "Dombate" de Eduardo Pondal. Unha boa parte dos visitantes tamén se aventuraron a percorrer o ruta do Rego dos Muíños do Roncaduiro. Solsticio de verán Os nenos e nenas da escola infantil A Casa dos Titeteres celebraron o solsticio de veran cunha sesion de contacontos Os nenos e nenas da escola infantil "A Casa dos Títeres" celebraron o solsticio de verán cunha sesión de contacontos E co fin de pechar a programación cultural do concello de Cabana para a primavera e coa celebración do solsticio do verán, os nenos e nenas da escola infantil municipal "A Casa dos Títeres" visitaron onte do dolmen de Dombate para asistir á sesión de contacontos de "Vaova". Fonte

Comentarios