Uns monolitos identificarán os 5 tesouros patrimoniais da Deputación
O Castelo de Vimianzo, os Batáns do Mosquetín (Vimianzo), Forno Novo (Buño), as Torres do Allo (Zas), ou o dólmen de Dombate (Cabana de Bergantiños), terán en breve nova sinalización. Gracias á continua aposta da Deputación polo patrimonio histórico-artístico, estes e outros 6 puntos de interese da provincia contarán con novas placas informativas, que servirán para mellorar a identificación dos enclaves máis singulares do patrimonio provincial, e vinculalos coa imaxe corporativa da Deputación.
O servizo Arquitectura da institución provincial xa deseñou os monolitos, que consistirán nunha base de granito silvestre de 90 centímetros de altura, sobre a que se colocará unha placa metálica. Nesta superficie, cortarase a láser unha representación da silueta ou do elemento máis simbólico e representativo de cada monumento e o logotipo da Deputación, co obxectivo de unificar a sinalización.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, enmarcou este investimento no “importante esforzo económico para a conservación e promoción do seu patrimonio” que leva a cabo a institución provincial, incluíndo a realización de visitas guiadas, o servizo de transporte gratuíto ou a colaboración en eventos que promovan o turismo.
Dombate, entre os puntos máis visitados
O Dolmen de Dombate é o segundo máis visitado da provincia detrás do Mosteiro de Caaveiro. O dolmen cabanés recibiu preto de 25.000 visitantes o ano pasado. Así mesmo, outros enclaves coma as Torres do Allo, o Forno de Forte ou o Castelo de Vimianzo reciben unha gran afluencia de visitantes, sobre todo durante as distintas actividades e feiras que se realizan neles.
Novas relacionadas
- Dombate bate marcas de visitantes:
- As Torres do Allo incrementan nun 126% o número de visitantes con respecto ao mesmo mes do ano pasado.
- https://quepasanacosta.gal/o-ecomuseo-forno-do-forte-abre-a-tempada-de-visitas-escolares.
- O Castelo de Vimianzo e os Batáns do Mosquetín cambian o de horario de visita:
Fonte
- Deputación da Coruña.