A veciñanza cabanesa participa no Plan de Mobilidade Urbana Sostible

10:47 22/10/21
Xa está activo unha enquisa en liña para que a veciñanza de Cabana participe activamente na elaboración do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS). Unha enquisa formulada sobre todo para analizar como mellorar a accesibilidade e mobilidade nos núcleos da Carballa e Neaño.
O Concello quere escoitar aos veciñ@s para ver como poder facilitar unha transición no modo de desprazarnos que sexa máis compatible co crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente.