Venres. 26.04.2024
El tiempo

Veciños de Canduas piden a dimisión do alcalde de Cabana por abuso de poder

Lectura do manifesto dos vecinos de canduas afectados polas expropiacions
Tamara de Souto deu lectura do manifesto dos veciños de Canduas afectados polas expropiacións forzosas do Concello de Cabana
Veciños de Canduas piden a dimisión do alcalde de Cabana por abuso de poder

Un grupo de familias de Canduas concentráronse este pasado sábado diante da Casa do Concello de Cabana, para protestar polos continuos abusos de poder do alcalde, o popular José Muíño.

Os veciños denuncian varias expropiacións forzosas que está realizando o Concello duns terreos para facer o acceso a uns novos chalés (un deles xa está construído) na zona do Monte da Carballa que son, supostamente de “amigos” do alcalde. As familias de Canduas denuncian que estas novas vivendas non deberían ter sido permitidas, e lamentan que agora o Concello expropie para solucionar un problema que el mesmo xerou.

Ao berro de “Todos fóra xa da alcaldía”, portaron unha clara pancarta “Non ás expropiacións forzosas. Non ao expolio urbanístico. Non máis ao abuso de poder”. Ademais as familias leron un comunicado no que se preguntan dende “onde están as parcelas que gañamos co noso suor”, ata “onde están os cartos do saneamento”, pedindo a dimisión do alcalde.

A problemática vén dende a modificación do PXOM, pola cal o Concello modificou varias parcelas edificables da zona de Neaño para que lle cadrasen as contas de edificabilidade, poñendo a media parroquia en contra.

Concentracion en Cabana contra as expropiacions forzosas

Novas relacionadas

Comentarios