Veciños de Zas e Cabana coñecen a maxia do Camiño

Seguen os veciños da Costa da Morte coñecendo a maxia do Camiño. Por Zas seguen etapa a etapa, mentres xa rematou o plan de Andainas polo Camiño de Santiago que fixeron un grupo de veciños de Borneiro. Completaron tres etapas dende Villafranca ata Sarria, pois quixeron facer as etapas das que lles oíran falar aos peregrinos cos que compartiron camiño xa hai dous anos dende Sarria a Santiago, e que lles decían da dificultade e da beleza destas etapas de entrada en Galicia.

Cada fin de semana marchaban en bus, lugar de saída da etapa, facer os 20 ou 30 kms e logo volver en bus para Borneiro. Un sistema cómodo para que moitos traballadores e outros mi ocupados podan disfrutar do camiño. Agora un pequeno grupo que non puido facer hai 2 anos dende Sarria ata Santiago queren continuar este ano, polo que algún interesado da comarca que queira pode facelo con eles e para eso debe poñerse en contacto coa A. V. O Dolmen de Borneiro.

Segue o camiño por Zas

Non paran os peregrinos de Zas que completaron este sábado a 4ª etapa do Camiño inglés entre San Payo de Vilacoba e A Calle (Poulo) , de 22,7 kms. De novo ó principio, tiveron unha forte subida pero o final , tras un par de paradas estratéxicas de avituallamento, chegaron todos contentos e felices como se ve na imaxen. O proximo día 30 será a última etapa con chegada ao Obradoiro.

Novas relacionadas

Novas do Camiño zaense

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal