Os peregrinos de Zas arrincan o Camiño Inglés



Non descansan nunca. Os camiñantes-peregrinos de Zas non teñen parada, e un ano máis, xa arman un novo Camiño para chegar a Compostela. Fano por etapas, e este 2015 toca polo Camiño Inglés dende Ferrol.
Xa teñen o prazo aberto, e hai 50 prazas, pero normalmente xa saben quen son, pois nos últimos anos soen ser os mesmos veciños, con gañas de andar e coñecer, os que se apuntan a este Camiño diferente.
Desta volta serán entón 4 Etapas de entre 20 e 25 km, e 1 de 29 km, que se celebrarán os días 11 e 18 de abril e 9, 16 e 30 de maio, con saída ás 7:00h dende a Praza do Concello, en Zas. O custe, de 10€€/etapa (inclúe a credencial, desprazamento ata o inicio da etapa e de regreso, bocadillo, froita e auga).
Poden inscribirse ata o mércores 8 de abril, no Centro Sociocultural de Zas ou no 981.751.398 e Centro Sociocultural de Baio ou no 981.718.056.
Novas relacionadas
- Camiño 2014: Os veciños de Zas volven convertirse en peregrinos.
- Camiño 2013: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- Camiño 2012: Os zaenses xa son peregrinos por partida triple.
- Camiño 2012: Os peregrinos de Zas coñecen por terceiro ano o tesouro do Camiño.
- Camiño 2011: Os veciños de Zas completa de novo o Camiño.
- Camiño 2011: Os peregrinos de Zas xa chegaron ao Km.0.
- Camiño 2010: O pobo de Zas xa ten a compostelana..
- Camiño 2010: 80 peregrinos de Zas percorreron a segunda etapa do Camiño.
- José A. De la Riera: “O Camiño é universal”.
Terminar o Camiño no Mar, con José A. De la Riera
- Introito.
- As Orixes (I).
- As Orixes (II): A Translatio.
- Finisterrae VII: Lendas, tradicións, soños… emocións (I).
- Finisterrae VII: Lendas e tradicións (II). O Apóstolo e as cidades “asolagadas ou alagadas.
- Finisterrae VII: Lendas e tradicións (III). O monstro que axexa no páramo: O Vakner (Primeiro ouvido).
Fonte
- Braulio García.