Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A primavera calza as botas na Costa da Morte

A primavera calza as botas na Costa da Morte
Andaina polos Penedos-Foto-Rafa Quintans +

Calzouse as botas de montaña a Costa da Morte para disfrutar desta soleada fin de semana e demostrar que o sendeirismo xa é un “lobby”. Triple cita ca natureza estes días: por Zas co novo programa de Primavera en Ruta de Senda Nova; polos Os penedos de Traba e Pasarela na terceira sesión das Andainas Coñece a Costa da Morte por Vimianzo; e polo norte do país, arrincando os veciños de Zas, un ano máis, co Camiño de Santiago.

Unhas citas nas que participaron medio millar de persoas de toda a volta (e iso que non tocaba Camiño dos Faros…) con xentes de todas as idades, o que demostra o poder desta afección, que xa se está instalando como un potencial básico para o sector turístico e hostaleiro da Costa da Morte. Só falta que as administración dean o paso e procedan a coidar os sendeiros e apoiar as iniciativas sociais, convertindo definitivamente o sendeirismo nun valor distinguido da Costa da Morte.

300 camiñantes polos Penedos

Foto de familia da Andaina polos Penedos-Foto-Rafa Quintans

Incribles son as formas que teñen os Penedos de Traba e Pasarela, a única Paisaxe Protexida da Costa da Morte gracias ao traballo da Semescom. De feito, non quixeron perder ao ocasión os membros do Seminario de espallar a maxia desta paraxe interestelar. Xosé María Lema, o presi da entidade, foi un dos que compartíu máis segredos sobre os Penedos.

Máis de 300 camiñantes, chegados de toda a comarca (o que dá conta do éxito do programa supramunicipal) quixeron subir a coñecer esas pedras con nome, esa “Esfinxe”, “O Cantor”, a “Multiforme”, “O Coello e o paiaso triste” ou o “dinosaurio - pato”.

Foron 11 km que comezaron an estrada de Baño-Traba, para comezar a rubir e sumerxirse nesta volcánica chaira de granito, para acabar volvendo ata a Casa da Cultura de Vimianzo.

Impresionantes os Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Rafa Quintans Caminantes na Andaina dos Penedos_Foto_Rafa Quintans

Por Zas con Senda Nova

Xente nova na saida de Senda Nova polas Terras de Soneira

Arrincou a 6ª edición do programa Primavera en Ruta da entidade bergantiñá Senda Nova. E o fixo polas Terras altas de Soneira, coñecendo segredos do monte zaense. Arredor de 60 participantes descubrían nad máis saír as Férvedas do Rabiñoso, no límite con Coristanco, para rubir ao Pico de Meda, un dos puntos máis altos da bisbarra. A ladeira da Gándara, a mámoa da Mina ou o castro Cortellas, así como o xacemiento romano de Agra da Cruz, foron algúns dos puntos que os veciños de Bergantiños descubriron pola veciña comarca de Soneira.

Contentos quedaron dende a organización pola cantidade de xente nova neste Roteiro con moitas paradas deseñado polo historiador local Evaristo Domínguez Rial, que precisamente é da parroquia de Gandara, visitada na marcha ademais de Mira e carreira, todas en Zas.

Evaristo Dominguez Rial explicando a andaina con Senda Nova Subidno o Pico de Meda de Zas con Senda Nova Trofeos naturais na Andaina con Senda Nova

Camiño inglés para o zaenses

1 etapa do Camino dende Zas 2015-Foto-Braulio Garcia

Xa case non lles quedan Camiños que percorrer, i é que os veciños de Zas colléronlle o gusto ao Camiño e repiten ano tras ano. Este 2015 toca o Camiño inglés, dende Ferrol ata Santiago, e este domingo comezaba ca primeira etapa entre Ferrol e Vilar de Colo. Colleu a algún en baixa forma os 25 km da primeira etapa, pero todos chegaron con gañas de que chegue a vindeira fin de semana para facer a segunda etapa.

1ª etapa do Camiño zaense dende Ferrol 2015-Foto-Braulio Garcia

Novas relacionadas

Novas dos Penedos

Novas de Senda Nova

Novas do Camiño zaense

Fonte

Comentarios