As camiñadas rouban o protagonismo ás verbenas


Non paran estas experiencias sendeiristas de copar o protagonismo das fins de semana costeiras. Que nos ía dicir hai uns anos que as citas máis exitosas da fin de semana ían ser as camiñadas no lugar das verbenas. Pois duns meses para aquí, podemos comprobar como máis de un milleiro se botan ao monte cada fin de semana.
E o fan a través das 4 propostas que temos en marcha varias das fins de semana do mes. Unhas propostas que demostran o potencial económico para o sector turístico e hostaleiro, pois os protagonistas son tanto veciños como visitantes, pero todos consumen.
Temos en marcha o programa das Andainas Coñece a Costa da Morte; temos o máxico Camiño dos Faros na súa 5ª edición; temos o Programa Primavera en Ruta de Senda Nova; e temos tamén, o novo Camiño de Santiago que percorren os veciños de Zas etapa por etapa.
Andaina por Camariñas

Tocaba Camariñas esta fin de semana e os organizadores do programa Coñece a Costa da Morte seguen encantados pois aumentou o número de participantes con respecto ao ano pasado. Este pasado sábado eran 236 camiñantes os que disfrutaron dunha fermosa ruta pola costa, dende Camariñas, pasando pola Balsa, e despois acabando no merendeiro en Ariño despois de disfrutar das vistas bonitas da ría. Unhas rutas nas que hai moitos veciños dos concellos da zona, pero tamén moita xente de fóra da comarca, o que dá conta do noso potencial.
En 15 días, toca Dumbría.

O bo rollo do Camiño dos Faros

Non decae o Camiño dos Faros. Que escándalo. Foron nada menos que 655 os transos que percorreron os 26 km de litoral entre Ponteceso e Laxe este pasado domingo. Un camiño que demostra a beleza do noso litoral pero que ademais xera “bo rollo”. Risas, bromas, simpatía… son palabras que utilizan os trasnos para describir as etapas, e iso é algo que non te prezo.
O cansanzo tamén aparece, pois a subida ao Monte Castelo é dura. Pero “valíu a pena”, engaden todos e cada un dos transos que queren repetir xa.
Escoitando o Anllóns

Fermosa a ruta polo Son do Anllóns que artellou Senda Nova no programa Primavera en Ruta. De novo, moitos cativos disfrutando da natureza máis auténtica dos bosques de Bergantiños, para disfrutar do son que mete o río Anllóns ao seu paso pola natureza.
A vindeira semana toca roteiro polo Coristanco Histórico. E ollo que o vindeiro sábado día 25 estrearán de oficio as Semanas de Natureza e Paisaxe.
O Camiño zaense

Non paran os peregrinos zaenses. Esta pasada fin de semana tocaba asegunda etapa do camiño entre Vilar de Colo e Porto de Abaixo (Paderne) de 22,7 kms. “Foi moi dura a subida de Pontedeume pero o fin chegamos todos contentos”, recoñece Braulio, un dos integrantes da expedición.
Agora toca un descanso ata o 9 de maio que volverán con forzas ao Camiño.

Novas relacionadas
- A primavera calza as botas na Costa da Morte.
- Muros tamén se pon a andar.
- Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- En marcha as Andainas 2015.
Novas sobre o Camiño dos Faros
- Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido.
- A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
Novas de Senda Nova
- Senda Nova lévanos un ano máis de ruta por Primavera:
- Os peques de Bergantiños aprenden a coidar os Bosques.
- O Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, o novo Bergantiñán do Ano.
- Aprendendo ecoloxía dende o berce.
- Maiores e pequenos manteñen vivas as Historias de Inverno.
- “Traba forma parte de min”.
- Escoitando aos avós á calor da lareira.
- Andar como menciña natural.
- Senda Nova achegará a Bergantiños a mozos europeos co Proxecto XEM.
- Senda Nova segue creando canteira de compromiso.
Novas do Camiño zaense
- Camiño 2015: Os peregrinos de Zas arrincan o Camiño Inglés.
- Camiño 2014: Os veciños de Zas volven convertirse en peregrinos.
- Camiño 2013: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- Camiño 2012: Os zaenses xa son peregrinos por partida triple.
- Camiño 2012: Os peregrinos de Zas coñecen por terceiro ano o tesouro do Camiño.
- Camiño 2011: Os veciños de Zas completa de novo o Camiño.
- Camiño 2011: Os peregrinos de Zas xa chegaron ao Km.0.
- Camiño 2010: O pobo de Zas xa ten a compostelana..
- Camiño 2010: 80 peregrinos de Zas percorreron a segunda etapa do Camiño.
- José A. De la Riera: “O Camiño é universal”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal