Martes. 16.04.2024
El tiempo

Augas de Galicia retoma as obras de saneamento en Nantón e Anos e agocha os vertidos ao Anllóns

<p>Boa atención presta esta semana a Xunta de Galicia ao Concello de Cabana de Bergantiños, tanto en materia peonil como de saneamento. E iso que o Concello ten pendiente solucionar os problemas de vertidos ao Anllóns...</p>

Cabana de Bergantiños. A Coruña
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisará o remate das obras da senda entre Neaño e A Carballa. Haberá declaracións aos medios. Punto de encontro: no Pq. 2+880 da estrada AC-429, na contorna da caseta de información turística.
05/02/2019
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
Cabana de Bergantiños. A Coruña A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, supervisará o remate das obras da senda entre Neaño e A Carballa. Haberá declaracións aos medios. Punto de encontro: no Pq. 2+880 da estrada AC-429, na contorna da caseta de información turística. 05/02/2019 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
Augas de Galicia retoma as obras de saneamento en Nantón e Anos e agocha os vertidos ao Anllóns

Senda peonil

Por unha parte, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, achegouse onte para supervistar a senda entre Neaño e A Carballa. Unha senda de 1,6 km que permite percorrer a pé ou en bicicleta un percorrido onde se atopan os principais servizos e equipamentos como a Casa do Concello, o centro de saúde, a zona deportiva ou o colexio.

A senda, que conecta coas beirarrúas xa existentes, crea un itinerario de case 7 km que tamén permite desprazarse entre Ponteceso e Taboído.

Quedan agora por completar as sendas entre Carballo e Coristanco e do paseo marítimo de Laxe.

Saneamento

Paralelamente Augas de Galicia, que ten aberto un expediente sancionador ao Concello polos continuos vertidos continuos de fecais ao Esteiro do Anllóns (estableceu un prazo para arreglar os fallos do saneamento coa correspondente partida orzamentaria),  vén de anunciar que completará as actuacións de mellora do abastecemento ás parroquias de Nantón e Anos, no Concello de Cabana de Bergantiños. Unha obra que quedara interrompida pola quebra da empresa adxudicataria das obras.

Agora, de forma inmediata  contratarase a redacción do proxecto construtivo necesario para acometer as actuacións pendentes, e que inclúen unha nova captación de auga no río Anllóns, unha estación de tratamento de augas potables, e a conclusión do depósito previsto.

Desta forma concluirán as obras xa iniciadas, presupostadas nun total de 1,2 millóns de euros, e das que xa están executadas as conducións e parte do depósito de auga proxectado.

Novas relacionadas

                                                                                                                                                                                  

Comentarios