Luns. 22.07.2019
El tiempo

Denuncian vertidos continuos de fecais ao Esteiro do Anllóns

Denuncian vertidos continuos de fecais ao Esteiro do Anllóns
FIN DO PASEO MARÍTIMO DO LITORAL CABANÉS, PRETO DA PRAIA DO CURRO. DEXAIXO DO GRIFO, ESTÁ A VERTEDURA DE FECAIS Embaixo da villa do remate do paseo marítimo, entre a praia de Urixxeira e a praia do Curro, atópase un dos puntos de vertido de augas fecais Varios puntos de vertido continuado vén de descubrir a Asociación Petón do Lobo no Esteiro do Anllóns. A entidade corroborou con imaxes e coa recollida de probas, a vertedura de augas fecais en varios puntos do núcleo de Neaño, no Concello de Cabana, en pleno pleno paseo marítimo do litoral cabanés. Unhas verteduras que afectan directamente á enseada da Ínsua, un espazo natural protexido único e ao esteiro do Anllóns, un lugar moi produtivo en canto ao marisqueo, e con gran biodiversidade e valor paisaxístico.
Ademais o espazo está catalogado como Zona de especial protección para as aves (ZEPA) e forma parte do LIC Costa da Morte, da Rede Natura 2000 Europea.

"Unha tubaxe duns 30 cm de diámetro disposta ao longo da cuneta dunha pista, que conduce á primeira liña do litoral, e xusto á beira do paseo marítimo cabanés, dirixe os residuos fecais de boa parte da poboación cabanesa directamente á Rede Natura e aos bancos marisqueiros da ría de Corme –Laxe. Alí oculta entre os xuncais, á fin da tubaxe amosa os residuos fecais; entre eles, os máis consistentes, son obxecto de disputa das gaivotas que frecuentan o espazo atraídas polo depósito contaminante", explica a asociación.

Un dos puntos de vertidos fecais na enseada da Insua Un dos puntos de vertidos fecais na enseada da Insua

A eterna problemática coas depuradoars

Que pasa cas depuradoras neste país. Xa vimos casos flagrantes como o absoluto abandono das pioneiras depuradoras de Coristanco, o problema de saneamento do Pindo, a inútil depuradora do lugar de Lires... Desta volta a asociación sinala que en Cabana hai outra grave probelmática con elas. Indica que só funcionan as de Regengo e Lodeiro, mentres que a de Corcoesto, instalada en 2012, nunca chegou a funcionar e está abandonada; a de Nantón non funcionou durante o verán e ata o Seprona tivo que acodir ao lugar; e ademais sería necesaria unha "decantadora preto da praia da Urixeira, para sanear o resto das augas fecais do núcleo de Neaño, que ou ben aínda non existe ou non funciona ou non abrangue todo o núcleo".

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-actores-involucrados-debatiron-sobre-o-saneamento-e-contaminacion-organica-do-mar-ante-unha-gran-expectacion/

Comentarios