Xoves. 13.08.2020
El tiempo

O voluntariado de Mar de Fábula recolle 24 sacos de lixo nos coídos de Coenda e no Corno

Voluntarios de Mar de Fábula tras a recollida do lixo nos coídos de Coenda e o Corno.
Voluntarios de Mar de Fábula tras a recollida do lixo nos coídos de Coenda e o Corno.
O voluntariado de Mar de Fábula recolle 24 sacos de lixo nos coídos de Coenda e no Corno

Este domingo, 19 de xullo, a Asociación Mar de Fábula volveu á carga nos seus tan importantes e necesarios traballos de limpeza e coidado do mar e a súa ribeira. Desta vez,  23 valentes voluntarios estiveron recollendo o lixo mariño dos tres cídos de Coenda e no coído grande do Corno, á entrada da ría de Camariñas. 

Seguindo todas as pautas da nova normalidade, os voluntarios enmascarados dedicaron dúas horas á recolleita. Por desgraza, o tempo non acompañou e "unha brétema húmida e fría impediunos desfrutar, ao tempo da limpeza, da espléndida paisaxe da entrada da ría de Camariñas", afirman dende a asociación.

Voluntarios de Mar de Fábula recollendo o lixo nos coídos de Coenda e o Corno.

Finalmente, trala xornada, conseguiron reunir ata 24 sacos cheos de lixo plástico misceláneo (botellas, bandexas do membrillo, algunha nasa protuguesa, restos de bidóns, anacos grandes de plástico de diferentes orixes...) e un importante volume de granel composto, principalmente, por anacos de estachas de amarre de barcos. Os sacos quedaron depositados no alto de cada coído depositados no lixo correspondente para que fosen recollidos posteriormente polos servizos de limpeza do concello.

Voluntarios de Mar de Fábula recollendo o lixo nos coídos de Coenda e o Corno.3

comentarios