#25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero
07:13 23/11/16
Alumnos dos centros educativos de Cee participaron nunha sesión de contacontos organizados polo CIM
A Costa da Morte continúa dando a coñecer os actos que organiza durante estes días co gallo do día internacional contra a Violencia de Xénero que se conmemora este venres, 25 de novembro. Así, aos actos das Buseras, á exposición de fotografía de Malpica e á campaña En Negro Contra a Violencia posta en marcha en Zas e en Carballo, súmase as actividades organizadas polos concellos de Camariñas e Corcubión que se centran na educación pola igualdade entre os seus estudantes.
Así o concello de Camariñas organiza a I carreira popular contra a violencia de xénero "Que non che pille o machismo!" que terá lugar este venres e na que participará o alumnado de 5º e 6º de primaria dos CEIP de Ponte do Porto e O Areal, así como, mozas e mozos de 1º e 2º de ESO do IES Plurilínüe Pedra da Aguia.
Esta carreira terá un dobre formato; por un lado, organizarase unha carreira por parellas mixtas, na que haberá un punto de encontro no que resolver unha proba de tipo lóxico e, por outro, realizarase un concurso no que participarán as tres parellas finalistas da carreira. Deste modo, dende a I Carreira Popular contra a violencia de xénero: Que non che pille o machismo! propón implicar ao alumnado participante na resolución das desigualdades de xénero e na loita contar a violencia de xénero, de xeito que sexan as rapazas e rapaces os que asuman o protagonismo e actúen como axentes dinamizadores do cambio na sociedade.
Paralelamente, desenvolveranse nos centros educativos un programa de obradoiros de prevención da violencia de xénero, que baixo o título "Desmitificando o amor romántico", procurarán reflexionar sobre modelos de relación en igualdade e libres de estereotipos sexistas.
Corcubión
Tamén en Corcubión haberá diferentes actividades dirixidas aos centros educativos e que están organizadas pola concellería da muller e igualdade do concello de Corcubión. Unha delas será o II concurso de debuxo “Corcubión, territorio libre de violencia” dirixido ao alumnado de primaria do CEIP Praia de Quenxe. Os estudantes da ESO do IES Fernando Blanco participarán no obradoiro que leva por lema “ violencia de xénero e o novo contexto dixital”.
O venres, día internacional contra a Violencia de Xénero, exporanse na praza Castelao os debuxos feitos polos alumnos e alumnas do CEIP Praia de Quenxe e polos usuarios e usuarias da escola infantil municipal e ás 12 horas haberá unha concentración na casa do concello onde se lerá un comunicado.
CIM de Cee
Ana Hermida, da compañía Lisístrata, interpretou "Contando en Feminino" na casa da Cultura de Cee
Por outra banda, alumnos e alumnas do CEIP Eugenio López, do Manuela Rial Mouzo e das unitarias de Brens e Pereiriña asistiron onte e o luns á sesión de contacontos "Contando en Feminino", por Ana Hermida da compañía Lisístrata. Ésta é unha das actividades organizadas polo Centro de Información á Muller de Cee co gallo da conmemoración do 25N.
Así, o CIM tamén organiza unha concentración e a lectura do manifesto en contra da violencia de xénero que terá lugar o venres ás 12 horas na praza 8 de marzo. Ademias, o centro social de Cee acolle estes días unha exposición de carteis presentados nos anos anteriores nos concursos para a eliminación da violencia de xénero.
Novas relacionadas
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- /a-buserana-rexeita-as-ofertas-de-emprego-sexistas/.
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
- 25-11-16: #25N: Malpica plántalle cara á violencia de xénero cun lipdub
- Redacción QPC ([email protected])