Venres. 26.04.2024
El tiempo

#8M: Exposicións, actividades co alumnado, deporte e moita reivindicación en Camariñas

Concentración 8M Camarinas
#8M: Exposicións, actividades co alumnado, deporte e moita reivindicación en Camariñas

O Concello de Camariñas conmemorará este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación que comezará o luns, 7 de marzo, e se estenderá ata o día 13 do mesmo mes, que inclúe exposicións, actividades co alumnado, deporte e, sobre todo, moita reivindicación.

O acto central será o propio martes 8 de marzo, cunha concentración que se levará a cabo ás 12 horas na praza da Insuela e para a que se anima á veciñanza de Camariñas a que participe baixo o lema ‘Nen escravas, nen heroínas, MULLERES CON DEREITOS XA’, sumándose así á campaña do colectivo Galegas8M.

Dentro da programación, o 11 de marzo ás 19 horas celebrarase o I Torneo Feminino de Balonmán en Igualdade, organizado polo Concello en colaboración co Club Balonmán Camariñas, e que enfrontará no pavillón Víctor Vigo ás rapazas que forman parte do club contra as súas nais.

A maiores, do 7 ao 13 de marzo permanecerá na Casa de Pedra unha exposición fotográfica titulada ‘Camariñas en feminino: mulleres no mar’ e, do 7 ao 11 de marzo, celebrarase nos colexios do municipio un concurso de debuxos en igualdade do que o 14 de marzo se dará a coñecer a persoa gañadora. Ademais, o luns 7 de marzo Lúa Mosquetera ofrecerá un recital para os rapaces e rapazas do IES Pedra da Aguia.

Máis novas do #8M

Comentarios