A ADL de Camariñas abre a porta aos afectados polas Preferentes


Continúa o problema das Preferentes sendo unha prioridade na Costa da Morte. E a información segue a ser o gran cabalo de batalla, para que os aproximadamente 5.000 veciños afectados da bisbarra teñan armas coas que loitar. Se xa saíron á rúa a manifestar a súa indignación, e xa asistiron a varias charlas informativas, Camariñas volve ser o lugar de encontro para seguir unidos.
Así, este mércores 28 de novembro de 2012 ás 11:30h, a Casa de Pedra da Camariñas acollerá unha Charla de Asesoramento lolgal para persoas afectadas en Camariñas polas Preferentes e Subordinadas.
Todos os veciños que queiran poden apuntarse ata ás 15:00h do martes 27 na Axencia de Desenvolvemento Local de Camarriñas, organizadora da mesa, que segue aberta como Oficina de Información, sendo un dos centros de recollida de queixas desta loita aberta.
Novas relacionadas
- 29-10-11: A Costa da Morte está viva contra as Preferentes.
- Preferentes: Arbitraxe ou demanda xudicial.
- Castellanos aos Afectados das Preferentes: “Agora manda a Troika”.
- 16-10-12: Os afectados polas Preferentes seguen uníndose e xa teñen un canle de consulta.
- 5.000 afectados polas Preferentes na Costa da Morte para unha nova reunión en Camariñas.
- 06-08-12: Máis de 130 afectados polas Preferentes dan a cara.
- 12-07-12: Os afectados polas Preferentes na Costa da Morte xa se moven.
- 05-07-12: En marcha a Plataforma de afectados polas Preferentes da Costa da Morte.
- Por que na Costa da Morte non se protesta polas Preferentes?.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).