Venres. 18.10.2019
El tiempo

A Biblioteca viaxeira de Camariñas, premio á innovación da Xunta

A Biblioteca viaxeira de Camariñas, premio á innovación da Xunta
Premio a BIblioteca de Camarinas Premio a BIblioteca de Camariñas

A Biblioteca Municipal de Camariñas recibiu este, venres 26 de outubro, o primeiro premio do certame á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2018 dirixido a todas as bibliotecas e axencias de lectura da Rede de Bibliotecas. A Xunta quixo premiar o seu proxecto de animación á lectura ‘O Berberecho Rebecho viaxa a La Turballe’.

Un programa que ten como finalidade promover a lectura entre pequenos e adultos, así coma os recursos e servizos da biblioteca municipal dentro da comunidade tomando como escusa o acto de irmandade entre a nosa localidade e a vila francesa de La Turballe.

O “Berberecho Rebecho” é a mascota dos obradoiros de animación á lectura impartidos na Biblioteca Pública Municipal de Camariñas. Nesta edición dos talleres viaxa ata a vila francesa de La Turballe para visitar á súa curmá Le Palourde Loulou.

No obradoiro elaborouse previamente un relato ilustrado que ten como temática a viaxe do Berberecho á vila francesa de La Turballe con motivo de visitar a súa curmá Le Palourde Loulou. Esta narración convértese no fío condutor que introduce cada sesión e a vai derivando cara diferentes temas, tales como as relacións familiares, a afinidade entre culturais, o coñecemento do entorno, etc.

Comentarios