Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Coral Virxe da Barca amosa o seu cante na Universidade de Santiago

A Coral Virxe da Barca amosa o seu cante na Universidade de Santiago
A Coral Virxe da Barca de Muxia invade o Paraninfo da USC

Na mañá do vindeiro sábado 29 de setembro a Coral Polifónica “Virxe da Barca” de Muxía actuará no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela clausurando o acto de homenaxe ao letrado Manuel Martín que a Fundación “Amigos de Galicia” organiza e desenvolverá a partir das 12 da mañá e no que intervirán, entre outros o Rector da Universidade, Juan J. Casares Long e o Alcalde de Santiago, Ángel Currás Fernández.

A entidade organizadora ten seleccionado de entre o amplo repertorio da Coral muxiana o seguinte programa que sonará no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia:

  • Muxía é unha serea. Letra e Música da directora da coral muxiá Rosario Vázquez Freire.
  • A Rosalía. Letra: M. Curros Enríquez / Música: L. E. Batallán. Arranxos: Rosario Vázquez Freire.
  • Catro vellos mariñeiros. Letra e Música: Tradicional (Galicia). Arranxos: Rosario Vázquez Freire
  • Os Pinos (Himno de Galicia). Letra: E. Pondal / Música: J. Montes. Arranxos: Rosario Vázquez Freire.

O Coro de Camariñas en Cambre

Ademais, o O Coro de Mulleres “Brisas do Mar” de Camariñas, tamén dirixida por Charo Vázquez, actuará en Cambre o vindeiro día 6 de outubro. Esta actuación encádrase dentro da Rede Cultural promovida pola Deputación Provincial de A Coruña deste ano 2012.

Este concertó está organizado pola Coral Polifónica “Santa María” de Cambre que celebra así o seu XIV aniversario e desenvolverase no Teatro “A xuventude” de Cecebre ás 19:30 horas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Rdacción de QPC ([email protected]).
  • Información da Coral Polifonica Virse da Barca da man de Charo Vázquez Freire.

Comentarios