A Costa da Morte non esquece o Serpent
Non puido estar o embaixador británico, pero mandou unha carta de agradecimento e felicitación aos armadanzas desta simbólica homenaxe. Dende o 2008, un grupo de amantes da nosa historia, da historia dos naufraxios da Costa da Morte, comandados por Rafael Lema, José Manuel Pato, Juan Campos e a Real Liga Naval Española, realizan unha verdadeira e sentida homenaxe aos mortos no Serpent, aquel vapor inglés que perecía nas rochas da Punta do Boi aló por 1890. Unha homenaxe ademais que se extende a todos aqueles mariñeiros que nos deixaron na mar.
O pasado 10 de novembro de 2014, non quedou no esquecemento, e unha gran comitiva comandanda pola RLNE, acompañadas por membros do Concello e acompañados polo coro municipal de mulleres de Camariñas, achegáronse ás 22:30h, ao mesmo Cemiterio dos Ingleses, onde repousan as almas dos 172 falecidos aquela tráxica noite.
Unha ofrenda de flores, unha canción cantada polo coro, e moitas historias para recrear as sensacións que os veciños de Camariñas tiveron aquela noite do século XIX cando correron a intentar rescatar (só puideron salvar a 3 tripulantes) aquel gran vapor encallado nas rochas costeiras.
E abofé que todas esas sensacións invadiron ás almas dos presentes. Co mar batendo de fondo, o vento bufando, a música soando, e a emoción por todos os poros.
Pensando xa están os organizadores na cita do ano que vén, cando se cumprirán 125 anos, polo que terá que ser algo especial.
Novas relacionadas
- A embaixada Británica felicita aos organizadores do acto de homenaxe ao Serpent.
- Investigadores europeos destacan a riqueza dos pecios da Costa da Morte.
- Homenaxe ao Serpent 2013: Camariñas entregou as Flores da Memoria aos náufragos do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2012: Violíns nocturnos para homenaxear o naufraxio do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2011: Unha homenaxe ao Serpent desafiando o temporal.
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Homenaxe ao Serpent 2010: A conmovedora homenaxe ao Serpent xa é unha referencia na Costa da Morte.
- Homenaxe ao Serpent 2009: Sembrando os cimentos dunha homenaxe aos mortos do mar.
- Homenaxe ao Serpent 2008: O Cemiterio dos Ingleses acolleu unha romántica homenaxe aos mortos do mar.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).