A Deputación achega 20.000€ para a recuperación da Casa de Man de Camelle
07:10 14/12/16
O deputado Xosé Regueira e o alcalde de Camariñas asinaron onte o convenio de colaboración
Xosé Regueira - deputado da área de Cooperación cos concellos - e Manuel Alonso de León - alcalde de Camariñas - asinaron onte un convenio de colaboración para a execución das obras de recuperación da Casa de Man en Camelle que se anunciaron o pasado mes de novembro e para as cales a Deputación da Coruña fará unha achega de 20.000 € para a execución do proxecto elaborado pola arquitecta Covadonga Carrasco.
Concretamente, a Deputación da Coruña comprométese a unha achega de 19.992,34 €, o 80% do orzamento total da contrata que ascende a 24.990, 42 €. O proxecto técnico de execución está redactado pola arquitecta Covadonga Carrasco López - do estudo Creus&Carrasco - que é autora, entre outras obras, da lonxa de Fisterra, vivenda de Toba en Cee, remodelación do porto de Malpica e da Sede da Fundación Luís Seoane. Entre outros premios, o estudo recibiu o premio Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo e o Juana de Vega pola Casa Chao e o XIV Premio COAG por Casa Mercedes o o porto de Malpica.
O estudo Creus&Carrasco participou, co apoio da Área de Turismo da Deputación da Coruña, na Bienal Internacional de Arquitectura de Venecia neste mesmo ano cun proxecto de promoción das intervencións na Costa da Morte.
O proxecto da Casa de Man contribuirá á conservación e recuperación do espazo deseñado polo artista alemán Manfred Gnädinger que morreu en decembro de 2002, pouco despois de que o Prestige enchera de chapapote a costa galega e tamén o espazo artístico que el creara á beira do mar, na costa de Camelle.
Novas relacionadas
- Novembro 2016: Aprobado, por fin, o proxecto de rehabilitación da Casa do Alemán de Camelle
- Novembro 2016: Prestige, 14 anos sen imaxinación.
- Xaneiro 2016: Camariñas poderá rehabilitar a Casa de Man de Camelle.
- Xuño 2015: Un Museo para as libretas de Man.
- Abril 2015: Man de Camelle ten a súa estatua.
- Maio 2015: Obradoiros MAN: O crebeiro artista.
- Maio 2015: Obradoiros Mar, Arte e Natureza para recuperar a base de creatividade o legado de Man.
- Abrio 2015: Man de Camelle ten a súa estatua.
- Decembro 2014: Man de Camelle xa ten o seu proxecto de rehabilitación.
- Decembro 2011: Os voluntarios da Fundación Man de Camelle protestan ante a impasibilidade das administracións cunha velada.
- Setembro 2011: Fotodenuncia: O Museo de Man, en coma.
- Lorena en Verde: Man de Camelle.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos de www.mandecamelle.com.