xoves. 15.05.2025
El tiempo

A firma galega Javier Barrio incorporase á Mostra do Encaixe de Camariñas

A firma galega Javier Barrio incorporase á Mostra do Encaixe de Camariñas
A pouco máis dunha semana para que comece a 27 edición da Mostra do Encaixe de Camariñas vanse coñecendo novos nomes que estarán presentes no evento. E un deles será a firma galega Javier Barrio. O recoñecido deseñador , especializado en interiores de alta costura, asegura que está traballando "contra vento e marea" para ter a punto a súa colección dentro dunha semana, xa que se trata dunha incorporación de última hora. Javier Barrio presentará na pasarela de Camariñas seis deseños de cóctel e festa en cores coral, granate e negro tendo sempre en conta a súa filosofía base: "alta costura contemporánea coa agulla antiga". Con productos de alta calidade, o deseñador insiste en que sempre promociona a terra galega na súa marca que agora tamén lucirá encaixe de Camariñas. Neste sentido, recoñece que o encaixe "encaixa á perfección" nas súas creacións xa que el sempre busca deseños exclusivos con "acabados perfectos" nos que coida ata o último detalle. Traxectoria Javier Barrio é o director xerente e creador da firma internacional de alta decoración e moda Javier Barrio. Trátase dunha marca recoñecida rexistrada en 21 países. Despois dunha dilatada experiencia neste campo, no 2013 crea a primeira colección de alta costura en moda que tamén foi un éxito. Agora, o seu obxectivo a curto prazo é abrir dez novas tendas de moda de luxo por todo o mundo con deseños exclusivos que durante a vindeira semana poderanse ver na Mostra do Encaixe de Camariñas. Ademais da firma Javier Barrio, na pasarela desta edición poderase ver a outros artistas galegos como o xa habitual José Matteos; a gañadora do concurso de Xoves Deseñadores do ano pasado; Sara Lage a viguesa Amaya Fernández Blanco que debuta no certame. A nivel internacional tamén debuta Noriko Hashizume (Xapón), mentras que repiten Ana Cabranes (Xixón), Devota&Lomba (Madrid), Esteban Freiría (Málaga) e Mar Balmón (Madrid). Tamén repite a deseñadora de Camariñas María Campaña.  

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Camariñas

Comentarios