A Fundación Man prepara un Manifesto
10:59 20/12/10
Camariñas acolleía unha nova sesión reflexiva sobre o legado do Alemán de Camelle. O temporal do pasado mes deixaba en panos menores o estado do Museo, demostrando que é necesario un verdadeiro plan de mantemento e coidado da zona, da que parece que seguimos sen decatarnos que é un verdadeiro referente turístico en toda Europa.
A cita era convocada pola Fundación Man, recentemente inscrita no rexistro da Xunta. Máis de 50 persoas, dende veciños ata especialistas en recuperación e rehabilitación, participaron neste chamado 3º Encontro de Artistas en Camelle.
Man precisa un Manifesto ante a desidia da administración
A sesión concluíu que o legado non pode quedar nas mans das institucións públicas, e centrou a crítica á falta de apoio da Xunta de Galicia. Por iso, os especialistas xa andan preparando un Manifesto ao que se a adhiran personalidades e entidades con peso específico no eido cultural galego para facer presión e para determinar as necesidades para manter vivo o museo.Man pola rede
A charla serviu tamén para deixar claro que a difusión do legado ten que levarse a cabo a través da rede. Apuntaron que as redes socias serán un pilar da campaña.Novas relacionadas
- 23-11-10: O Concello camariñán inscribe a Fundación Man no rexistro da Xunta.
- 09-11-10: O temporal azota ao Museo de Man.
- 19-11-10: O BNG levará ao Parlamento a recuperación do Museo de Man tras visitar a zona.
- 26-02-10: Preguntando pola Fundación pantasma.
- A bitácora da semana (CX): O blog do Alemán de Camelle.
Fonte
- La Voz de Galicia.
- Fotografía de Marcos Rodríguez.