Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Concello camariñán inscribe a Fundación Man no rexistro da Xunta

O Concello camariñán inscribe a Fundación Man no rexistro da Xunta
Durante moitos meses o PP camariñán solicitou ao concello de Camariñas que inscribise a Fundación Man no Rexistro de Fundacións de Galicia. Unha petición que semellaba lóxica en tando que ata que non figurase era como que non existía, ao non ter unha entidade xurídica. Así, unha semana despois de que o temporal azotase a Museo de Man, a Consellería de Cultura e Turismo publicaba no Diario Oficial de Galicia a resolución de 11 de outubro deste mesmo ano pola que se procedía a inscribir a Fundación Man no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. Como destacan dende Camariñas, o máis difícil chega agora, malia que moito camiño xa se puido ter andado. A Fundación necesita fondos, e semella que terá que ser socios privados os que aporten financiamento para conservar, recuperar e restaurar o grande legado do artista alemán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios