A II edición de "O encaixe no Camiño" chega a Camariñas os días 28 e 29 de xullo
13:14 25/06/18
camarinas-encaixe-camino
Os días 28 e 29 de xullo a localidade de Camariñas acolle a segunda edición de "O Encaixe no Camiño" organizada pola asociación de empresarios de Promoción Turística de Camariñas. O evento arranca o sábado, 28 de xullo, coa lectura do pregón e logo cun acto de inauguración. A continuación, ás 11:00 horas, recrearase o desembarco do rei Alfonso IX no porto e a camiñata ata Cereixo facendo paradas en Xaviña e Ponte do Porto. Pola tarde, haberá tempo para a diversión cun campamento de xogos infantís populares e con ambiente festivo medieval na vila onde os locais de hostalería prepararán tapas medievais.
O domingo continuará a diversión na vila e pola tarde, ás 18:00 horas, terá lugar a recreación da lenda do desembarco da persoa que ensinou a palillas e a continuación realizarase un desfile de moda con roupa na que estará moi presente o encaixe de Camariñas.
“O Encaixe no Camiño”, pretende convertirse nun referente para recuperar como foi a chegada da tradición palilleira ao pobo, así como a unión con Santiago mediante o seu particular tramo do Camiño.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).