A mocidade camariñá ten a oportunidade de achegarse á europea co proxecto YPAD
Se por un lado, a nivel macroeconómico, Europa comeza a cansar, polo lado máis humano, parece que precisamos máis de Europa que nunca. Que enriquecedor é coñecer novas xentes de todas partes, e as oportunidades que se prestan arredor dos marcos europeos, cómpre aproveitalas.
Por exemplo, en Camariñas, co proxecto YPAD, Young People and Development, (Xuventude e Desenvolvemento) dentro do programa Europe for Citizens, que xa coñecimo en febreiro. Os vindeiros días 8 e 9 de maio vaise celebrar en Camariñas o último encontro do proxecto no que o Concello de Camariñas estivo involucrado durante ano e medio xunto con outros cinco municipios europeos: Pitea (Suecia), Masku (Finlandia), Borgotaro (Italia), Forli (Italia) e Ferrol.
Unha cita que aínda está aberta, na que pode participar neste encontro a xente nova de Camariñas que se inscriba e queira coñecer como viven en outros países, compartirán opinións sobre o emprego, a educación, sobre Europa, … Este vai ser un encontro moi dinámico e participativo, no que os protagonistas van ser a xente nova destas seis cidades. O obxectivo é coñecer as diferentes situacións de cada país e conversar sobre os temas do proxecto: o desemprego, o autoemprego, as oportunidades para os xoves emprendedores e a comunicación entre a escola e a administración pública coa xuventude.
Como último encontro do proxecto, os responsables va avaliar o desenvolvemento e os resultados do mesmo e deseñarán tamén futuras colaboracións.
Un programa completo
O programa para eses días será completo. O mércores 8 de marzo amencerán no mesmo Faro Vilán, onde escoitarán unha charla sobre a xuventude europea e galega impartida por Rubén Lois, director de proxectos europeos na Universidade de Santiago. Pola tardiña haberá conversa en grupos reducidos con participantes de todas as cidades.
Para o xoves terán visita ao IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto onde conversarán sobre os vídeos feitos polas mozas e mozos camariñáns e europeos en grupos reducidos con participantes de todas as cidades.
Xa nos din dende Camariñas, os mozos que se queiran apuntar a compartir experiencias, poden preguntar na Casa de Pedra, no 981 73 70 04 ou en [email protected].
Novas relacionadas
- Camariñas intercambia experiencias coa Young People europea.
- Europa coñece a Experiencia Social Xiria.
- Aprendendo a valorar lingua portuguesa dende o Instituto.
- Pondal sumérxese no portugués.
Fonte
- Concello de Camariñas.