Marcial Mouzo xa é Fillo Predilecto de Camariñas
O Concello de Camariñas celebrou este sábado 27 de xuño, un pleno extraordinario que contou cun único punto na súa orde do día: o nomeamento de don Marcial Mouzo Vidal como Fillo Predilecto da vila. Este acto, revestido dunha especial relevancia institucional e protocolaria, serviu para outorgar unha das máximas distincións honoríficas da Corporación Local, recoñecendo así os méritos excepcionais e os servizos de singular transcendencia prestados por Marcial Mouzo ao municipio e aos seus veciños.
Nado en Camariñas no ano 1961 , Marcial Mouzo xubilouse recentemente pechando unha brillante etapa logo de 41 anos de traxectoria nos micrófonos da Radio Galega. Dende o ano 1996, o comunicador estivo á fronte de "Pensando en ti"; , o exitoso programa das madrugadas co que fixo
compañía a panadeiros, transportistas, mariñeiros, xente da diáspora e a tantas persoas nas horas máis silenciosas do día.
Malia desenvolver o seu traballo fóra da vila, Mouzo exerceu sempre como un auténtico embaixador de Camariñas , fortalecendo a proxección de toda a Costa da Morte e levando o nome do seu pobo natal por toda Galicia.
