A USC e o concello de Camariñas únense para estudar o legado documental de Man
21:40 20/04/17
Museo adicado a Man de Camelle
A Universidade de Santiago de Compostela - USC - e o concello de Camariñas veñen de firmar un convenio de colaboración para analizar o legado documental de Man de Camelle. A inciativa xurdiu fai uns meses trala visita ao museo de César Domínguez Priego - profesor de Literatura Comparada a USC - co alumnado da asignatura de Ecocrítica.
Coincidindo coa firma do convenio, creouse o Laboratorio Galego de Autocrítica - EcoLab.gal - que se trata dun colectivo interdisciplinario de investigadores con inquietudes no ámbito da natureza, ciencia, linguas, arte e cultura e entre o seu primeiro obxectivo está a análise do legado documental de Man. Segundo indica Andrea Serodio - directora do museo de Man - ata o de agora estudouse a obra de Manfred pero non se analizara a súa documentación, como os libros que lía ou os seus propios pensamentos para entender o cambio que sufriu despois da súa chegada a Camelle.
Con este proxecto, ambas institucións pretenden organizar, clasificar e analizar o seu legado "que fará posible outra comprensión do proceso persoal e artístico que levou á transformación de Manfred Gnädinger en Man de Camelle".
Novas relacionadas
- A Casa de Man de Camelle acolle unha exposición de pintura naval
- Aprobado, por fin, o proxecto de rehabilitación da Casa do Alemán de Camelle
- A Deputación achega 20.000€ para a recuperación da Casa de Man de Camelle
- Un Museo para as libretas de Man
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Camariñas