Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Ágora Europeo do IES Pedro da Aguia acolleu un intenso debate sobre pesca e sostibilidade

Debate sobre a pesca no IES Pedra da Aguia coa Xunta e Europarlamentarios
Debate sobre a pesca no IES Pedra da Aguia coa Xunta e Europarlamentarios
O Ágora Europeo do IES Pedro da Aguia acolleu un intenso debate sobre pesca e sostibilidade

Menudo nivel o da Ágora do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto. Os Euroembaixadores do centro camariñán invitaban a todo un elenco de personalidades no mundo do mar para debater sobre a pesca sostible. E é que as máis de dúas horas que durou o evento apenas serviron para esbozar todos os proles e todos os debes dun sector, que representa o 10% do PIB galego, que aglutina a metade das embarcacións de toda España e que está á cabeza de Europa en desembarque de peixe e en produtos procedentes da acuicultura.

Un debate tremendamente interesante para a veciñanza do concello camariñán, pois Camariñas conta na actualidade con 73 embarcacións pesqueiras entre artes menores, cerco e palangre de fondo e 63 permisos de marisqueo a pé. A súa lonxa comercializou o ano pasado máis de 5.200 toneladas de produtos de mar que xeraron uns ingresos de máis de 5,3 millóns de euros.

Patricia Sánchez Abeal, Ana Miranda e Andres Cerdeiras no debate de pesca do IES Pedra da Aguia
Patricia Sánchez Abeal, Ana Miranda e Andres Cerdeiras no debate de pesca do IES Pedra da Aguia

Por parte da Xunta estivo Mercedes Rodríguez Moreda, Directora Xeral de Pesca. Pero tamén estivo a Eurodeputada do BNG, Ana Miranda Paz; Patricia Sánchez Abeal, da Axencia Europea de Control da Pesca; Andrés Cerdeiras Lemus, de Industrias Cerdeimar e Carlos Tavares Ferreira, de Stolt Sea Farm.

Un debate que se producíu xusto un día despois de que o Parlamento Europeo esquecera a diferenciación da pesca artesanal na aprobación dos Fondos FEMP 2021-2027. Unha circunstancia que preferíu obviar a representante da Xunta pero que si trouxo a colación Ana Miranda, responsable de ter levado unha delegación da pesca artesanal galega a Bruxelas. A nacionalista lamentou que as súas enmendas aos FEMP non foran aprobadas, e lamentou a falta de acción do relator popular para conseguir ese trato específico para a baixura galega. Ademais recoñeceu que "temos un problema" cando o alumnado lle preguntou por que a mocidade non quere traballar no mar; e expuxo as iniciativas da UE contra o plástico que ateiga os océanos. "!Equilibrio entre recursos pesqueiros, emprego e sostenibilidade é a aposta do BNG para a pesca", explicou.

Mercedes Rodríguez si afondou na importancia da actividade acuícola galega, e mesmo acabou defendendo a importancia dos TACs e a obriga de desembarque que tanto e tanto leva criticado a pesca artesanal galega no último ano. En todo caso, quixo sinalar o traballo da Xunta para mellorar a aplicación destas medidas no sector. 
A representante da Consellería do Mar tamén explicou cal é o reparto de competencias en materia pesqueira entre a Xunta, a Administración do Estado e as institucións europeas e salientou a relevancia do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para o financiamento de accións de dinamización das zonas costeiras.

A Carlos Tavares, director de sostenibilidad e calidade de Stolt Sexa Farm, tocoulle lidiar co papel máis difícil. Malia que a súa empresa leva varias décadas presente na Costa dá Morte, a falta de comunicación cara ao exterior é o que provocou que moitas veces as empresas dedicadas á acuicultura intensiva non gocen de boa prensa. Por este motivo, teñen pensado levar a cabo unha campaña de achegamento cara ao público en xeral e a comunidade educativa en particular, para facer ver o compromiso destas empresas coa sostenibilidad

Debate sobre a pesca no IES Pedra da Aguia coa Xunta e Europarlamentarios 2

Serviu tamén para presentar o seu Submarino electoral, unha especie de photocall co que pretenden chamar a atención sobre a importancia das próximas eleccións europeas do 26 de maio, e das que farán os seus embaixadores un simulacro das mesmas o 9 de maio.

PHOTOCALL do Yellow Submarine do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto

 

Novas relacionadas

 

Comentarios