O Fondo Europeo Marítimo e da Pesca esquece a pesca artesanal galega

Tivo lugar a votación esta mañá na sesión plenaria da Eurocámara a votación para establecer o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca para o período 2021-2027. Un documento que saíu aprobado, a pesar da abstención da única representante galega na cámara, a nacionalista Ana Miranda.
Miranda confiaba hai un par de semanas na proposta pero finalmente non votou a favor ao non saír adiante todas as súas enmendas, sobre todo a que pediron os representantes da baixura galega o pasado outrubro na súa visita a Bruxelas: Que a pesca artesanal teña unha defición e un trato diferenciado.
Esquece así Europa a importancia socio-económica deste sector no noso país, as diferentes artes de pesca e o seu pequeno impacto no ecosistema mariño, o baixo número de tripulantes das embarcacións…
Miranda lamenta que nos Trílogos non se avanzara nesas definición específica e lamenta que o grupo parlamentario do PP non presentou enmenda algunha e non defendese os intereses da baixura galega. “Lamentamos que a fase final do novo FEMP, que tivo como relator o deputado popular Gabriel Mato non afondara nas suxestións propostas polo BNG para defender o sector pesqueiro galego”, destacou Ana Miranda.
Cousas positivas
Con todo, Miranda si que valorar positivamente que a Comisión cree un novo programa para a pesca artesanal con fondos propios como pediu o BNG -e por iso votou en marzo a favor do informe na Comisión de Pesca- máis considera que “tería sido máis inclusivo para o sector pesqueiro artesanal e do marisqueo galegos se a definición fose máis ampla”. Ademais, entre as propostas do BNG figuraba a diferenciación entre a acuicultura extensiva e a intensiva, “co obxectivo de que as futuras axudas do FEMP non vaian para as macro piscifactorias”, sinalou.
Novas relacionadas
- 07-03-19: O BNG vota a favor dos Fondos Europeos de Pesca a pesar de non conseguir a definición da pesca artesanal.
- 22-02-19: O Goberno galego non presentou enmedas para que os Fondos Europeos de Pesca diferencien a pesca artesanal.
- Xaneiro 19: Ana Miranda pide que non se obrigue a colocar cámaras nas embarcacións de pesca artesanal.
- Outubro 18: O BNG presentou unha batería de enmendas ao Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro.
- Outubro 18: “Queremos que Europa trate dun xeito diferenciado á pesca artesanal deixándonos fóra do TACs e as cotas”.