Martes. 23.04.2024
El tiempo

O alumnado de Camariñas volve lanzarse á auga co proxecto O Mar na Escola

Kaiak no Mar na Escola de Camarinas
O alumnado de Camariñas volve lanzarse á auga co proxecto O Mar na Escola

Aprender e vivir o mar en horario escolar. Esa é a meirande potencialidade do fermoso proxecto ‘O Mar na Escola’, que volve desenvolverse un ano máis, e xa van 19, en Camariñas.

92 estudantes dos centros educativos de Camariñas participan os luns e venres en diferentes exercicios para desfrutar do mar e adquirir concienciación do seu valor natural.

O programa está destinado aos alumnos de 5º e 6º de Primaria dos colexios CEIP O Areal de Camariñas e CEIP Ponte do Porto, e de 1ºEso do IES Pedra da Aguia. Este luns moitos xa probaron a auga subidos aos kaiaks ou á vela.

En total, esta edición conta con cinco clases por curso a desenvolver os luns e os venres en horario escolar nas instalacións do Náutico de Camariñas. A iniciativa é desenvolvida pola empresa UbuntuLife.
 

Comentarios