Analizando o perfil do visitante medio da Costa da Morte

11:14 23/01/17

Crecemento de viistantes
A gráfica fala por si mesma, anotando que en 5 anos case 250.000 persoas pasaron polo Faro.
Caracterización



Como chegou á Costa
Por “recomendacións” é a resposta máis habitual (45%) entre os visitantes sobre como coñeceu a nosa bisbarra, pero cómpre sinalar que os medios de comunicación (17%) e a internet (16%) son plataformas indispensables. De feito, o 50% dos visitantes recoñece compartir as súas experienfcias nas redes sociais, sendo Facebook a máis utilizada por diante de Instagram e Twitter. Os códigos Qr parecen esquecidos, e só o 16% os utilizan, unha cifra semellante ás Apps turísticas.
Que é o que máis gusta
Representativa a última pregunta da enquisa, que dá conta do noso mellor produto. Se ben só o 22% vén buscando natureza, o 40% dos visitantes marchan destacando “a Paisaxe e a natureza” como o que máis lle gustou da nosa bisbarra, algo que nos ten que facer decatarnos do noso potencial.
- Máis de 61.600 persoas visitan o faro Vilán durante o 2016.
- O Faro Vilán e Cristina Fernández, protagonistas dun premio nacional de Astrofotografía
- O faro Vilán recibe a visita de máis de 20000 persoas durante o mes de agosto
- Máis de 9000 persoas visitaron o faro Vilán durante o mes de xullo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación Empresarios e Promoción Turística de Camariñas