Andar con Arte tralos pasos de Ruth Matilda Anderson e Manfred Gnädinger
Impresionantes son as estampas que cazou Ruth Matilda Anderson na súa viaxe pola Costa da Morte aló polo 1924. E impresionante é o legado que nos deixa o alemán Manfred Gnädinger en Camelle. Ambos son protagonistas da nova viaxe pola paisaxe a través do “Ciclo Monumenta. Andar con Arte”, a través da cal a Xunta pretende recuperar a nosa historia.
Un programa que se centra nunha andainda, que se partirá este domingo 20 de agosto ás 10:00h do Museo de Man. O artista será o primeiro protagonista coa visita á Casa do Alemán onde se conserva parte do seu legado, emais á súa casa-museo, que segue esfolándose. Ademais seguiranse os pasos Ruth Matilda Anderson, que chegou a Galicia en 1924 para documentar a realidade social do país, por encargo da Hispanic American Society.
Esta viaxe no tempo pola paisaxe natural e cultural da Costa da Morte estará guiada pola conversa dos artistas plásticos Carmen Hermo e Ángel Cerviño, do fotógrafo Anxo Cabada e mais do antropólogo Manuel Vilar, camiñantes convidados desta xornada.
Inscricións á Andaina
É necesaria a inscrición previa, e hai prazas limitadas a 55 persoas. Poden facelo antes do 17 de agosto. Admisión por orde de inscrición en [email protected] e no teléfono 619 637 211.
Novas relacionadas
- Ruth Matilda Anderson: Como era a Costa no 1924?.
- A Galería Mulleres recoñece o traballo fotográfico de Ruth Matilda Anderson.
- Abril 17: A USC e o concello de Camariñas únense para estudar o legado documental de Man.
- Novembro 16: Aprobado, por fin, o proxecto de rehabilitación da Casa do Alemán de Camelle
- Xuño 15: Un Museo para as libretas de Man
Máis novas
- Os milladoiros invaden o cemiterio dos Ingleses.
- ¡
- Unha viaxe polos anos 20 na Costa da Morte.
- Alan Lomax: Colleitando os sons de Corcubión e Fisterra dos anos 50.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).