O ArtEncaixe, un desfile único para a Mostra

Ana Miguens no ArtEncaixe da Mostra de Camarinas 2020
Ana Miguens estará no ArtEncaixe da Mostra de Camariñas

Unha das grandes novidades desta XXX Mostra do Encaixe 2020, ademais de levar os palillos polas escolas de todo o país, será o ArtEncaixe. Un novo desfile, onde artesáns chegados de diferentes puntos de Galicia demostrarán que o encaixe é versátil e pode adaptarse a diferentes materiais.

Xa contan con 7 artesás confirmadas, e a participación aínda non está pechada.

Estarán figuars como Janet & Schulz (Vigo), cos seus tocados de novia estilo anos 20; Julia de la Cal da La Parabólica (O Porriño), e os complementos en clave mariñeira; Silvereira (Teo), cos seus pendentes de madeira; Viviana Araújo - Estilo Aramar (Pontevedra) cos seus turbantes, tocados…; Pilar Rodríguez - En La (Monforte de Lemos) cos seus complementos de lá ou liño; Charo López Atelier (Vedra), unha habitual da Mostra que volve cos seus tocados como protagonistas; Ana Miguêns (Vilagarcía de Arousa), cos seus colares de arxila polimérica; Noelia Peña Joyas (Sanxenxo) coas súas xoias; ou Sandra Rego – Amorote (Boiro) cos seus estampados.

Novas relacionadas