Luns. 17.02.2020
El tiempo

CAMARIÑAS

Xa na rede o spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Despois da completa promoción en FITUR, con esa presentación no stand de TourEspaña e sobre todo, coa publicación dun cartel da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas no corazón de Madrid, nos Cines Callao, este domingo foi día de estrea. De estrea do spot oficial da campaña de promoción da edición do 30 aniversario.

”30 anos na vangarda da moda” é o slogan da campaña, que define moi ben o meirande éxito da Mostra: convertir unha artesanía centenaria nun produto de moda.

O spot é toda unha aposta, realizada por xentes da casa, como Diego Alonso (autor da idea do cartel) e Raul Lorenzo, que rompe coa típica imaxe, feminina, que se ten deste arte milenario camariñán. É o modelo vimiancés Damián Álvarez o gran protagonista tanto do spot como do cartel oficial (a primeira vez que un home é o cartel). Xunto a tamén costeira Tamara Rey, simulan a “complicada” vuda dun “celébrity” buscando traxe coa súa parella, e como necesitan osixenarse cunha escapada por Camariñas, onde atoparán o chaqué ideal para o seu evento, con todo un completo variado de detalles feitos de encaixe.

A gravación do spot ocupou 7 xornadas e outras tantes de montaxe, e contou con 143 persoas implicadas. Ten localizacións de grabación distintas: Carballo (tenda Alonso Moda), Coruña (Avda Finisterre tenda Miguel Hombre e Calle Real), Camariñas (Faro Vilán, Monte Branco, praias de Reira, Porto de Camariñas e Retaurante A Marina), Coruña outra vez (Zona de Palexco onde se montou o set da alfombra vermella) Camariñas (Estudio Diego Alonso).

A música do spot foi creada especialmente para este anuncio polo músico camariñán Carlos Barcia coa axuda do seu irmán Fran Barcia.
A dirección do spot quere agradecer a colaboración das tendas de moda "Miguel Hombre" da Coruña e "Alonso Moda" de Carballo e "Restaurante A Marina" de Camariñas.

Novas relacionadas

Xa na rede o spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas