Luns. 18.11.2019
El tiempo
Marisol Soneira
09:41
23/04/19

A Mostra acada a madurez

Encaixeiras Senior na Mostra do Encaixe
Encaixeiras Senior na Mostra do Encaixe
A Mostra acada a madurez

Cando, alá polo 1.991, arrancaba unha das manifestacións mais sólidas do acerbo cultural, económico e social da Costa da Morte: A Mostra de Encaixe de Camariñas.

Previamente houbo un traballo prospectivo que amosou, sen lugar a dúbida algunha, a importancia que esta actividade artesanal tiña para Camariñas e para o seu contorno. Aproveitando a renovación periódica do padrón municipal, a corporación municipal decidiu introducir unha pregunta a maiores nos cuestionarios: cantas persoas da unidade familiar saben palillar?. Se esta resposta era positiva abríase un pequeno cuestionario onde se tentaba coñecer a realidade desta artesanía centenaria. As conclusións foron espectaculares. As estimacións eran de mais de dúas mil mulleres, en Camariñas e as parroquias limítrofes de Vimianzo e Muxía, que facían encaixe para vender e, xunto coas actividades asociadas (bordado, deseño, comercialización, etc), xeraban unha actividade económica superior aos dous mil millóns de pesetas. Toda unha sorpresa.

Logo ven convencer a propios e a alleos para demostrar que pagaba a pena apostar por aquilo. Que non era unha ocurrencia de señoras ociosas. Algún concelleiro chegou a dicir que non se podían gastar cartos nunha actividade que, como moito, daba para un par de “alparghatas” na feira da Ponte do Porto... 

E Camariñas apostou. Apostou polos obradoiros que deran solidez formativa ás novas xeracións de palilleiras. Apostou polas escolas municipais de palillo en tódalas parroquias. E apostou por crear o maior escaparate de encaixe de bolillos do mundo.

Hoxe, este escaparate, é o principal reclamo turístico na Semana Santa da Costa da Morte e un referente imprescindible da artesanía mundial. E todo iso gracias ao traballo anónimo de miles e miles de mulleres que, durante séculos, preservaron unha actividade que é santo e sinal da identidade de Camariñas.

Cando o visitante se achegou esta Semana Santa a Camariñas, a Laxe ou a Muxía, atopou as terrazas ateigadas de visitantes, os hoteis completos, os restaurantes a tope, e un nivel de actividade descoñecido o resto do ano. E todo, nunha porcentaxe moi elevada é consecuencia do reclamo da Mostra.

Pero a Mostra trouxo unha auténtica revolución no encaixe e no seu contorno. Mudaron as aplicación e os deseños. Mudaron os conceptos. Mudou o xeito de relacionarse. 

Pero si algo mudou dun éxito rotundo foi a relación do encaixe coa moda. A aposta, xa dende a segunda edición, por esta actividade dou como consecuencia un dos concursos mais importantes de España de novos deseñadores. Moitos dos modistos e modistas mais consagrados de España foron concursantes na Mostra. E algúns deles levan o encaixe nas súas coleccións mais prestixiosas ás pasarelas nacionais e internacionais.

E todo iso gracias ao traballo anónimo de milleiros de mulleres que, xeracións tras xeración, mantiveron e manteñen, unha tradición que afunde as súas raíces na noite dos tempos e as súas polas no futuro. O próximo ano serán XXX edicións. Fai trinta anos ningunha das palilleiras que participou, por primeira vez na Mostra, soñou o que hoxe é unha realidade. Noraboa por facelo posible.

Camariñas e da Costa da Morte.

  • Marisol Soneira. Ex vicepresidenta do Parlamento Galego; ex Portavoz da área de emigración do Grupo Parlamentario Socialista; ex Secretaria de Movementos Migratorios da CENG do PSdeG-PSOE; ex concelleira; ex deputada. Camariñá.

 

Outros Artigos de Marisol Soneira

 

comentarios