Venres. 03.07.2020
El tiempo

As Costas da Morte preséntanse en #FITUR2016

As Costas da Morte preséntanse en #FITUR2016
Sofia Agrafojo presentando Camino dos Faros en Fitur Sofía Agrafojo presentando O Camiño dos Faros en Fitur

Ata 7 Costas da Morte pódense ver estes días días na Feira do Turismo máis importante en España. 9.500 empresas e 713 stands abriron este mércores 20 de xaneiro na #FITUR2016. Entre elas, unha forte, pero disgregada, presencia da Costa da Morte. Turoperadores e profesionais do sector puideron ver diferentes presentacións da Costa da Morte, con imaxes distintas e promocionadas por entidades distintas, demostrando unha vez a falta de unión do sector.

Se ben os alcaldes (houbo presencia de Mazaricos, Malpica, Carballo, Muxía, Muros, Camariñas, Dumbría e Zas) trataron de facer forza e unidade, os que asistiran ás presentacións (e non fosen costeiros, pois coma sempre, a maioría dos espectadores son da propia bisbarra) levaron imaxes dispersas da nosa zona. Por un lado O Camiño dos Faros, imponente cunha presnetación da man de Sofía Agrafojo que deu que falar (para ben). Por outro a espectacular etapa de La Vuelta 2016 con fin no Ézaro. Tamén estivo o Festival Castelo Rock, a Olería de Buño ou a Ruta do Solpor de Touriñán, promovida pola Asociación de Turismo Rural Muxía Natural que transcorre paralela á dos [email protected]

É certo que semella que a Deputación está intentando facer un traballo de unión que non fixo nos últimos anos a Neria (que por certo, pasa por ser o primeiro ano en moito tempo que non está presente). Pero o que parece difícil de comprender é saber quen é quen, cando por un lado se presenta a campaña e a nova web www.visitacostadamorte.com do @somosCMAT, e polo outro a vivecostadamorte.com do GALP, que nin coinciden xeograficamente.

Alcades da Costa da Morte na FITUR 2016-Foto-Xoan Marcos Traba Alcades da Costa da Morte facendo piña na FITUR 2016-Foto-Xoan Marcos Traba

"Minifundismo"

Ninguén dubida na bisbarra da necesidade de ter presencia na FITUR, pero tras falar con variados profesionais, son moitos os que cuestionan os grandes gastos e o pouco traballo de "networking". Son moitos os profeionais que van de seu e manteñen reunións con diferentes turoperadores e axencias, pero que ao tempo non lles ven sentido a tanta presentación pública, na que a maioría dos asistentes son costeiros. Pero sobre todo a "imaxe minifundista" que damos é a gran queixa dos participantes, esa sensación de que hai varias Costas da Morte.

Tamén se critica que se gasten os cartos de subvencións públicas para estas viaxes. Pero a crítica é tanto para o sector público como o privado, pois somos as empresas as que non nos xuntamos para facer un boa web, con bo material, e para distribuilo, se non que nos xuntamos para pedir unha subvención que provoca facer unha web apurada, con material reciclado, contratando ademais empresas de fóra, porque remata o prazo de presentación. Iso si, levamos un xornalista para as presentacións para que se fale ben de nós no xornal de turno.

Quen fai esa estratexia de Destino? Que modelo de xestión queremos? Que tipo de turista buscamos? Quen fai as accións de promoción globais? Temos feito unha análise de posibilidades? Que relación entre empresarios e administracións queremos? Como podemos posicionar mellor o noso potente nome tanto na rede como offline? As imaxes da Costa en FITUR Xose Regueira Camino dos Faros en FITUR Xose Regueira presentando o Camiño dos Faros en FITUR Boa acollida a presentacion trasna na FITUR Acollida á presentacion trasna na FITUR Pablo Canosa presidente do CMAT na FITUR-Foto-Xoan Marcos Traba Pablo Canosa, do CMAT, presentando a web vivistacostadamorte.com na FITUR-Foto-Xoan Marcos Traba Pequeno presentando La Vuelta en FITUR Pequeño Castro presentando o final de La Vuelta en Ézaro na FITUR O Presidente do CMAT e alcalde de Malpica Eduardo Parga en FITUR O Presidente do CMAT e alcalde de Malpica Eduardo Parga en FITUR Jesus Trillo de Muxia Turismo Natural en FITUR Jesus Trillo de Muxia Turismo Natural en FITUR Alcaldes da Costa da Morte en FITUR-Foto-Aporta Alcaldes da Costa da Morte en FITUR-Foto-Aporta   Novas relacionadas

Fonte

comentarios