Venres. 19.04.2024
El tiempo

Fitur volve coñecer varias Costas da Morte

Fitur volve coñecer varias Costas da Morte
Unha vez máis, a Costa da Morte chegou a Feira de Turismo máis importante do estado, a FITUR, con varias identidades. Por unha banda o equipo da Deputación da Coruña promocionando o Turismo Gastronómico, co respaldo da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) e o da Asociación Muxía Natural. Por outra banda, a Asociación Neria co seu stand propio e unha expedición de 70 persoas ao seu cargo. E aínda falta Turgalicia co seu tremendo stand Gárdasme o segredo. É complicado ver como unha zona tan concreta, singular e ata pequena como a nosa pode ter ata 3 focos de atención, provocando unha clara confusión no profesional e no visitante da feira, e unha imaxe tan clara de descoordinación.

No camiño da unión

As dúas entidades que xestionan os recursos turísticos da zona teñen falado en numerosas ocasións de xuntar forzas. Pero esa unión nunca se leva á realidade. O propio Manuel Pan, presidente de APTCM tendía a man de novo á Asociación Neria para acodir de maneira conxunta a estas Feiras. Facíao, ademais de persoalmente, a través do Facebook onde apuntaba entre as súas conclusións: "APTCM trasládalle a Neria que o discurso de colaboración hai que levalo á practica, e tende a man outra vez máis". Pan felicitaba ao fotógrafo Marcos Rodríguez pola súa impresionante foto na portada de "Hostelería Galega"; e destacaba o gran traballo de Muxía Natural.

Potencialidades costeiras

O turismo gastronómico é un dos nosos maiores potenciais. Así o referendou o presidente da Deputación, que ademais de volver a presentar o portal de reservas reservascostadamorte.com, apuntou que uun dos próximos destinos é a promoción dos produtos gastronómicos de Costa da Morte no Fórum Gastronómico de Girona. E fixo o propio A Asociación de Turismo Rural Muxía Natural, que presentou da man da actriz Teté Delgado, o seu Plan “Saboreando Galicia dende Muxía”, isto é, un conxunto de paquetes turísticos, a desenvolver entre os meses de febreiro e xuño (ambos inclusive), e que conxugan casas rurais, gastronomía e turismo activo.

Novidades sobre o Centro de Coñecemento

E chegan hoxe novidades sobre o Centro do Coñecemento que a Asociación Neria está a desenvolver na vila de Cee, sobre o que a empresa corubionesa de Novas Tecnoloxías Galinus e o diario dixital QPC non ten información por parte da entidade supramunicipal. Chéganos a información da man da Fundación Galega da Formación para o Traballo, que abre un novo marco de colaboración coa Neria para "o desenvolvemento de accións que impulsen a formación para o emprego". Precisamente o Centro de Coñecemento foi presentado na FITUR.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios