Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Curta e disgregada presencia da Costa da Morte en FITUR

Curta e disgregada presencia da Costa da Morte en FITUR
Xunta directiva da Solpor

Coa posta en marcha da CMAT, chega esta FITUR 2015. Unha Fitur na que a Costa da Morte terá unha presencia menor que outros anos, pero iso, coma sempre, unha presencia disgregada.

O único posto propio co que contará a bisbarra será o que porán os Concellos de Muros e Carnota. As Carrilanas, o Castelo Rock, o Monte Pindo, a Boca do Río… serán protagonistas na fera de turismo máis importante do ano en España. Estará tamén o Concello de Dumbría, aproveitando as sinerxias do posto vecino e con Turgalicia, para darlle máis impulso ao Desafío do Atlántico e seguir amosando a perla do Ézaro.

O xoves 27 de xaneiro será o día dos Concellos de Fisterra e Camariñas. O posto de Turgalicia acollerá a presentación do proxecto de arqueoloxía subacuática que está desenvolvemento Miguel San Claudio nos fondos mariños da ría fisterrá. De seguido, o protagonismo será o Encaixe de Camariñas.

Tamén o xoves estará presente a Asociación de Empresarios do Camiño de Fisterra-Muxía SOLPOR, que presentará en Fitur unha guía sobre dita prolongación xacobea. A publicación, que constará dunas 80 páxinas, inclúe un mapa da Ruta así como unha ficha e fotografías de cada empresa asociada.
A presentación terá lugar o vindeiro xoves, día 29, ás seis e media da tarde, no stand de Galicia na feira madrileña, estando presidida pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Novas da Fitur

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Solpor.

Comentarios